Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Brenda Vidal

Piano

Piano

Brenda Vidal Hermida comezou os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música de Vigo cos profesores Cristina Olivar, Maider Ordozgoiti e Emilio Álvarez. No 2005 accede á Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) en Oporto, incorporándose á clase do profesor Luís Filipe Sá. Paralelamente é admitida no Conservatorio Superior de Música de Vigo, para estudiar co profesor Nicasio Gradaille. No ano 2010 culmina en ambolos dous centros coas máximas calificacións. Posteriormente realizou o Mestrado para o Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade de Vigo, na especialidad de Artes, e inicia o Mestrado en interpretación artística na Universidade de Oporto, orientada por Luis Filipe Sá, Eduardo Soutullo e Madalena Soveral, dedicado á música contemporánea para piano.

Asistiu a cursos de perfeccionamento na especialidad de piano, música de cámara e acompañamento vocal, impartidos por Almudena Cano, Josep Colom, Claudio Martínez Mehner, Peter Efler, Alexander Kandelaky, Imre Rohmann, Eulalia Solé, Luiz de Moura Castro, Iván Citera, Blanca Uribe, Olga Prats, e Miguel Ángel Chavaldas entre outros.

Participa frecuentemente en numerosas agrupacións orquestais e camerísticas entre as que destacan a Orquestra Sinfónica Vigo 430, Hulencourt Soloist Chamber Orchestra (Bruselas), Múltiplensemble (Vigo), Orquesta Sinfónica do Algarve, Orquesta Filarmónica Ciudad de Pontevedra, Banda Municipal de A Coruña, Banda Sinfónica Portuguesa (Oporto), Banda Sinfónica de la GNR (Lisboa), Banda de Música de Pontevedra, etc. En calidade de solista interpretou o Concerto para piano e Banda Sinfónica de A. Waignein, ”Noches en los jardines de España” de Manuel de Falla, e “Double Star” de D. Gillingham. Dende o 2008 é membro fundador do Quarteto Contratempus, con sede en Oporto, dedicado plenamente á ópera de cámara contemporánea. Actuou en grandes salas e auditorios como Teatr Wielki Opera Narodowa de Varsovia (Polonia), o Teatro Monumental de Madrid, Roda Hall Kerkrade (Holanda), Ningbo Grand Theater (China), Casa da Música de Oporto (Portugal) e no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela entre outros.

Durante os 15 últimos anos compaxinou a súa actividade como concertista coa de docente, traballando en diferentes conservatorios e escolas municipais de música de Galicia, sendo dende o 2015 a directora do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar.

Solista

Nadia Kalmykova

Ler máis
Solista

Lucie Horsch

Lucie Horsch (1999) aos seus 22 anos é unha apaixonada defensora do seu instrumento. Nena prodixio da frauta de pico e convertida nunha virtuosa do Barroco, Horsch é unha artista […]

Ler máis
Solista

Maya Purdue

Nada en Tokio, a pianista Maya Purdue deslumbrou ao público en Europa e Asia, e estase a consolidar rapidamente como un novo talento da próxima xeración de pianistas. Despois de […]

Ler máis