Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Colabora

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430

A Orquestra Vigo 430 é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa de forma independente ás entidades públicas para crear unha oferta cultural de calidade na nosa cidade e arredores. Por iso, buscamos outras maneras de financiación independentes dos organismos públicos.

DENOMINACIÓN DE ORIXE GALEGA

Contamos cunha plantilla de músicos amplia e maioritariamente de orixe galega (oito apelidos e todo)

OFERTA CULTURAL DE CALIDADE

Traballamos constantemente en crear unha oferta única e pouco común na nosa cidade, e con solistas tanto españoles coma de outros países con gran proxección internacional.

LABOR PEDAGÓXICA

A través de proxectos como EscoitAntes e os concertos pedagóxicos que se realizan periódicamente no IES República Oriental do Uruguai, intentamos achegar a música clásica tanto a graduados en Hogwarts como a muggles.

Como podes colaborar coa orquestra?

Indo aos concertos

Ao final achegarse a escoitar ós músicos é a maneira máis sinxela e pracenteira de colaborar connosco. E non nos importa que fagas fotos e vídeos: de feito, se nos etiquetades aínda mellor (@orquestravigo430). Sempre co móbil en silencio por favor.

Sendo amigo da orquestra

Ser Amigo da Orquestra ofrece vantaxes na compra de entradas, coñecemento previo das tempadas e a sensación de orgullo que aparece ao apoiar á cultura da nosa cidade.

Colaboraciós e patrocinios

Estamos sempre abertos a escoitar novas ideas e colaborar con outras organizacións e empresas. Se queres colaborar ou patrocinarnos, ponte en contacto connosco por calquera das nosas canles de comunicación.

Se tes algunha proposta ou algunha dúbida sobre como colaborares coa Orquestra Vigo430 non dubides en poñerte en contacto connosco.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?

Campaña de socios 2022 Precisamos a túa colaboración para seguir medrando

Poñemos en marcha a campaña de socios para apoiar o noso proxecto cultural, basado na calidade musical e innovación, para poder ofrecer a mellor experiencia aos amantes da música clásica da cidade de Vigo.

Queremos que todos os que asistides regularmente os nosos concertos vos sintades máis unidos a nós e facervos máis partícipes deste gran proxecto que é a Orquestra Vigo 430, xa que, xunto con todos os membros da orquestra, sodes os que dades sentido a este proxecto. Agora é a ocasión de compartir, máis que nunca, a paixón pola música.

O teu compromiso é esencial para seguir construindo un proxecto basado no traballo e dedicación incansable dos membros da Orquestra Vigo 430, dun marcado carácter social e sobre todo da paixón pola música.

Este ano ampliamos as categorías de Socios para poder dar resposta as vosas demandas, e que poidades elexir a mellor opción para colaborar con nos.

Socios e amigos da Orquestra Vigo 430

Socios protectores

Aqueles que, a través das súas aportacions económicas, materiais ou patrocinios, contribuian o sustento e desenrrolo da orquestra.

Aportacións superiores a 100€ o ano.

Beneficios dos socios protectores

  • Documento e No de rexistro identificatovo como Socio Protector.
  • Comunicación vía mail dos programas de cada temporada.
  • visos vía mail de pre-apertura de reserva de entradas online por cada concerto.
  • Reserva previa con asignación de butaca si o desexan.
  • Entrada diferenciada a sala con respecto o resto de a reservas on line.
  • Invitación para Charlas – Coloquios que se organicen.
  • No caso de entradas con custo, descontó do 100% no prezo da entrada.
  • Alta Gratuíta para visionado de Streaming e de concertos realizados colgados en Tolemias.Tv.
  • Figurar na páxina web e en cartelería maior como socio protector, con mención especial. (sempre que se autorice).

Colabora agora

Socios abonados

Aqueles que, a través das súas aportacions económicas , contribuian o sustento e desenrrolo da orquestra.

Aportación cuota socio 50€ o ano.

Beneficios dos socios abonados

  • Documento e No de rexistro identificatovo como Socio Abonado.
  • Comunicación vía mail dos programas de cada temporada.
  • Avisos vía mail de pre-apertura de reserva de entradas online por cada concerto.
  • Reserva previa con asignación de butaca si o desexan.
  • Entrada diferenciada a sala con respecto o resto de a reservas on line.
  • Invitación para Charlas – Coloquios que se organicen.
  • No caso de entradas con custo, descontó do 50% no prezo da entrada.
  • Alta Gratuíta para visionado de Streaming e de concertos realizados colgados en Tolemias.Tv

Colabora agora

Amigos da Orquestra Vigo430

Aqueles que, a través das súas aportacions económicas , contribuian o sustento e desenrrolo da orquestra.

Aportación cuota de 25€ o ano.

Beneficios dos amigos da orquestra

  • Comunicación vía mail dos programas de cada temporada.
  • Avisos vía mail de apertura de reserva de entradas online por cada concerto.
  • Invitación para Charlas – Coloquios que se organicen.
  • No caso de entradas con custo, descontó do 25% no prezo da entrada.

Colabora agora

Se tes algunha proposta ou algunha dúbida sobre como colaborares coa Orquestra Vigo430 non dubides en poñerte en contacto connosco.