Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

20 MARZO: <>

20 MARZO: <>
Intérpretes:
Catherina Lee (violín) +
Javier Fajardo (director) +
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Teatro Afundación Vigo Venres, 20 de Marzo de 2026, ás 20:00h

Entradas

Programa

O repertorio do concerto:

Programa:
Max BRUCH:
Concerto para violín
Johannes BRAHMS:
Sinfonía nº 4

PROGRAMA DE MAN

Bruch e Brahms comparten unha mesma linguaxe feita de emoción contida e beleza profunda. O primeiro fala desde o lirismo apaixonado do violín; o segundo, desde a plenitude e o destino da sinfonía. Xuntos traman un discurso que é á vez humano e trascendente: unha viaxe polos camiños da alma, onde o sentimento atopa forma e a música convértese en verdade.

  • Catherina Lee

    Catherina Lee é descrita como unha intérprete de musicalidade excepcional, cun encanto, sensibilidade e fondura únicos que a sitúan nun nivel propio. A prestixiosa directora Marin Alsop comentou recentemente: «Estou enormemente impresionada. Catherina é unha violinista e música marabillosa».

    Entre os seus próximos compromisos destacan as súas actuacións como solista interpretando The Wandering of a Little Soul de Janáček en Viena, o Concerto para violín de Bruch coa Queensland Symphony Orchestra en Queensland e coa Orquestra Vigo 430. No ámbito da música de cámara, destacan tamén as súas participacións no Stockholm Konserthuset, Salzkammergut Festwochen Gmunden, Lichfield Chamber Music Festival, Australian Chamber Music Festival, Vigo Chamber Music Festival, Oxford Coffee Concerts, Miesbach Kammermusik Festival, Concerts at Cratfield e IMS Open Chamber Music Festival.

    Como destacada intérprete de cámara, colaborou con músicos da talla de Steven Isserlis, Kim Kashkashian, Shai Wosner, Colin Carr, Lars Anders Tomter, Philippe Graffin, Christoph Richter, Wilfried Strehle, David Waterman, Garfield Jackson e Alasdair Beatson.

    Como solista actuou con numerosas orquestras en Europa e Australia, entre elas a Göttinger Symphony Orchestra, Orchestra di Padova e del Veneto, Vienna Ensemble, Wiener Akademische Philharmoniker, Junge Philharmonie Wien e Camerata Orphica Festival Orchestra; en Australia colaborou coa Queensland Symphony e Camerata – Queensland’s Chamber Orchestra. O seu debut como solista no Konzerthaus de Viena foi cualificado como un éxito extraordinario.

    Recibiu clases maxistrais de numerosos e destacados músicos que contribuíron de xeito enriquecedor á súa formación, entre eles Steven Isserlis, Serguei Azizian, Ivry Gitlis, Boris Brovtsyn, Johannes Meissl, Nikolaj Szeps-Znaider, Michael Frischenschlager, Jean-Jacques Kantorow, Ilya Gringolts, Pavel Vernikov, Jennifer Stumm e Erich Gruenberg.

    Catherina toca cun violín de G. B. Guadagnini, Turín ca. 1771, cedido xenerosamente por un patrocinador privado.

  • Javier Fajardo

    Javier Fajardo está recoñecido como un dos artistas emerxentes da nova xeración de directores de orquestra en España. A pesar da súa mocidade, foi convidado por diferentes entidades como a Orquestra UMIP-Ataúlfo Argenta, a Orquestra “Cristóbal Halffter” Cidade de Ponferrada, a Orquestra Sinfónica de Castela e León, a Real Filharmonía de Galicia, o Coro da Comunidade de Madrid ou o do Palau de la Música Catalana, entre outros. Foi director artístico da Xove Orquestra e Coro da Universidade de Valladolid desde o ano 2017 ata o 2024 e, desde o 2022 ata o presente, é o director musical do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

    A título persoal, foi galardoado con diversos premios, como o segundo premio do concurso de directores Towards Polyphony de Wroclaw (Polonia) no ano 2017 ou o terceiro premio no concurso Aegis Carminis de Koper (Eslovenia) no ano 2019, o que o levou a realizar concertos internacionais con formacións como o Kammerchor Stuttgart, a Klassische Philharmonie Stuttgart ou o Rundfunkchor Berlin. Na presente tempada debutará coa Orquestra da Universidade de Concepción en Chile, ademais de asumir outros compromisos con orquestras coas que colabora habitualmente.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?