Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

20º Aniversario: «Souvenirs da corte Sterhazy: un instrumento para un príncipe»

26 ABRIL: «Souvenirs da corte Sterhazy: un instrumento para un príncipe»

Maddalena del Gobbo(Baryton) + Ensemble Vigo 430

• Haydn, Lidl y Tomasini: Tríos para barytón, viola e violonchelo

Salón Regio de A Sede Sábado, 26 de Abril de 2025, ás 20:00h

Entradas

Programa

O repertorio do concerto:

 

  • Haydn, Lidl y Tomasini: Tríos para barytón, viola e violonchelo

 

Comentarios: Este programa presenta unha rara xoia do repertorio de música de cámara. Os tríos de Haydn para barytón, viola e violoncello son exemplos únicos da súa produción, escritos para o príncipe Nikolaus Esterházy, quen tocaba obarytón. Este era un instrumento de son fermoso e encantador que constaba de seis cordas de tripa destinadas a ser tocadas co arco, nove ou máis cordas simpáticas (resonantes) de metal, unha cabeza tallada na parte superior do mástil e unha delicada ornamentación. Estas pezas amosan a habilidade de Haydn para escribir música de cámara íntima e expresiva, e son unha mostra fascinante da súa versatilidade como compositor. Un programa que constitue unha oportunidade única para os oíntes de experimentar un lado menos coñecido do repertorio de Haydn con un instrumento que fai pouco perdérase na noite dos tempos e que artistas tan autorizados como Maddalena del Gobbo recuperaron para poder disfrútalos de novo.Maddalena gravou as obras de este programa para Deutsche Grammophon, na mesma sala do palacio Esterházy na que foron interpretadas por vez primeira.

  • Maddalena Del Gobbo

    Viola da Gamba

    Maddalena Del Gobbo é a única artista que grava con Deutsche Grammophon coa Viola da Gamba. Música galardoada, actuou por toda Europa e Asia.

    “Sensualidade, brillantez e unha técnica absolutamente perfecta”. // Heinz Sichrovsky, NEWS (Austria)

    Maddalena Del Gobbo naceu en Italia e empezou a estudar música a unha idade moi temperá. Aos catro anos empezou a aprender a tocar o piano e pouco a pouco foi engadindo o violoncello e o canto ao seu repertorio musical. Anos máis tarde, á idade de 13 anos, o seu inusual talento levouna a Viena, onde estudou violoncello no Konservatorium Wien Privatuniversität. Entrou en contacto por primeira vez coa viola da gamba cando entrou nunha tenda de discos en pleno centro de Viena e quedou hipnotizada por un son encantador que nunca esquecería. Aínda así, rematou os seus estudos de violoncello, obtivo un máster e actuou en moitas salas de concertos como solista e músico de cámara. Durante todo este tempo, nunca esqueceu a viola e foi perfeccionándoa en segredo ata que, un día, decidiu convertela no seu centro de atención e dedicar a súa vida á música barroca. Actuou como solista no Wiener Musikverein, no Innsbrucker Festwochen der Alten Musik, no festival Barocktage Melk e apareceu en emisións para BR. En 2017 foi membro do xurado do concurso internacional Johann Heinrich Schmelzer. En 2014 saíu á venda “Viola D’Emozione”, o seu álbum debut en Archiv Produktion (Deutsche Grammophon). En 2016 publicou o seu segundo álbum “Henriette – The Princess of the Viol” para Deutsche Grammophon. É fundadora do Ensemble “Ad Cor”, especializado en música de conxunto para e coa viola da gamba. Maddalena Del Gobbo toca nunha viola de Johann Seelos 1691 da Fundación Orpheon.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?