Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

F4: 7 de novembro: "CAMIÑOS CRUZADOS"

Auditorio Teatro Afundación Venres, 7 de Novembro de 2025, ás 20:00h

Entradas

Programa

 

 

Programa de Man

Explora a riqueza da música francesa e belga para violín e piano. Dende a elegancia con toque español de Chaminade, pasando polo Ravel que flirtea co jazz, a inspiración rural de Ysaÿe, ata a audacia posromántica de Mel Bonis.

Clémence de Forceville violin + Sergio Gómez piano

PROGRAMA:

• Cécile Chaminade: Sérénade Espagnole para violin e piano
• Maurice Ravel: Sonata para violin e piano en sol maior M 77
• Eugène Ysaÿe: Sonata nº. 5 en sol maior para violín só.
• Mel Bonis (1858-1937): Sonata para violin e piano

 

Unha viaxe polas identidades musicais en conflito. Cécile Chaminade, figura clave do Romanticismo francés, compuxo a súa Sérénade Espagnole (1892) como unha síntese entre o exotismo ibérico e a elegancia parisiense. Ravel, na súa Sonata en sol maior (1927), abraza o jazz e o blues no segundo movemento (Blues: Moderato), mentres o finale (Perpetuum mobile) desafía a pulsación rítmica coa súa escrita bitonal. Ysaÿe, na Sonata nº 5 (1923), rende tributo ao estilo rural co uso de modos antigos e unha escrita violinistica que evoca o violín barroco. Pecha o programa Mel Bonis, compositora postromántica cuxa Sonata para violín e piano (1902) combina o lirismo de Franck cunha harmonía audaz, preludiando o impresionismo.

  • Clémence de Forceville

    Clémence de Forceville 

    “Unha violinista excepcional, que toca con virtuosismo e refinamento.” — Daniel Barenboim

    Clémence de Forceville é unha das violinistas francesas máis prometedoras da súa xeración. A súa ampla experiencia como solista, música de cámara, concertino e docente fai dela unha artista versátil e consumada. Actualmente, é primeira concertino da Orquestra de Cámara de Lausana e imparte clases no Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París, onde é asistente de Philippe Graffin.

    Nada no ano 1991, Clémence comezou a tocar o violín con catro anos e gañou os seus primeiros concursos internacionais con nove. Estudou no Conservatorio de París (CNSMD) con Olivier Charlier e continuou a súa formación en Alemaña con Antje Weithaas e Mihaela Martin. Ademais, recibiu leccións de músicos de sona como Daniel Barenboim, Alfred Brendel, András Schiff e Miriam Fried en prestixiosas masterclasses (Ravinia, IMS Prussia Cove, Academia Ozawa, entre outras).

    Como solista, Clémence actuou con orquestras como a Filharmónica de Baden-Baden, a Filharmónica de Brașov, a Orquestra Sinfónica Portuguesa, a Filharmónica de Südwestfalen e as Orquestras de Cámara de París, Cataluña e Nouvelle Europe. O seu repertorio abrangue desde os grandes concertos clásicos ata estreas de obras contemporáneas. É unha presenza habitual en festivais como La Folle Journée, La Roque d’Anthéron, o Festival de Verbier, as Flâneries Musicales de Reims, o Festival de Música de Cámara de Xerusalén, Sonoro ou La Musikfest Parisienne. Compartiu escenario con artistas destacados como Renaud Capuçon, Philippe Graffin, Shani Diluka, Gérard Caussé, Gary Hoffman, David Kadouch, Anna Fedorova, Benedict Kloeckner ou Adam Laloum.

    Como música de cámara, formou parte do Quatuor Hieronymus e do Trio Sōra, co que gravou a integral dos tríos de Beethoven para o selo Naïve—un traballo aclamado que recibiu recoñecemento internacional, incluíndo o premio Choc Classica no 2021. Tamén destaca como directora en proxectos de interpretación, abordando obras de Beethoven, Haydn, Mendelssohn e Stravinsky, entre outros, con presenza en escenarios como o Théâtre des Champs-Élysées.

    O seu próximo álbum, que se publicará en setembro polo selo Evidence, é unha colaboración en duo co pianista Ismaël Margain e incluirá obras para violín e piano de Maurice Ravel e Mel Bonis.

    Antiga concertino da Orquestra de Cámara de París e da Orquestra Nacional de Lille, segue a actuar regularmente como concertino convidada con diversas formacións e orquestras por toda Europa.

    Toca un violín de 1777 fabricado por Lorenzo Storioni, cedido xenerosamente pola Boubo-Music Foundation.

  • Sergio Gómez

    Nacido en 1998, Sergio Gómez inicia su formación en el Conservatorio Profesional de Música de Vigo, donde obtiene el Premio Extraordinario de Fin de Grado. Continúa sus estudios superiores con maestros como Severino Ortiz Rey y Leonel Morales Alonso, completando un máster en Interpretación Musical en la Universidad Alfonso X el Sabio y un diploma de Virtuoso en Musical Arts Madrid. Ha sido galardonado en numerosos concursos internacionales como el Festival Internacional de Piano “Ciudad de Ferrol” y el Concurso Internacional “María Herrero”, y ha recibido formación en clases magistrales con reconocidos pianistas internacionales.

    Ha actuado en importantes salas de conciertos en España y Europa, y ha colaborado con destacadas orquestas y agrupaciones de cámara. Actualmente combina su carrera como concertista y participante en concursos con su labor docente como profesor titular de piano en el Conservatorio Profesional de Música de Ronda.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?