Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Jonian Ilias Kadesha

Jonian Ilias Kadesha (Violín solista e director)
Orquestra Vigo 430

Cancelado!!!
Auditorio Martín Códax Sábado, 25 de Febreiro de 2023, ás 20:00h

Entradas

Programa

A Orquestra Vigo 430 vese na necesidade de aprazar para a tempada próxima o esperado debut en España do virtuoso violinista Jonian Ilias Kadesha, quen xunto á formación viguesa ía ofrecer un concerto pertencente á tempada 2022/23 o vindeiro sábado 25 de febreiro no Auditorio Martín Códax.

Aínda que nunca é agradable a cancelación dun programa, nesta ocasión o motivo foi feliz, xa que leste mesmo luns naceu a primeira filla do músico greco-albanés. Tanto a parella do músico como el mesmo previran que este nacemento tivese lugar hai dúas semanas e non afectase a súa viaxe a Vigo. Con todo e como xa sabemos que ocorre nestes casos, os cálculos poden verse facilmente alterados, como finalmente así foi.

Todos os que comprasen entrada para este concerto recibirán un mail de Ticketrona indicando esta situación e explicando as opcións que teñen para a devolución ou cambio de entrada para o seguinte concerto do 5 de marzo.

O público da OV430 queda pois emprazado ao concerto que terá lugar só unha semana despois, o domingo 5 de marzo no Auditorio Martín Códax, nesta ocasión co soado Sergey Malov como protagonista.

Será aplazado para a temporada 2024.

 

NOTAS O PROGRAMA:

PROGRAMA VIGO 430 FEBREIRO 2023

Concertando e “sinfoniando”

Nesta ocasión, a Orquestra Vigo 430 ofrécenos un repertorio de concertos e sinfonías que abrangue dende o Barroco italiano (Vivaldi) ata o Romanticismo (Mendelssohn), pasando polo Clasicismo da Primeira Escola de Viena (Haydn e Mozart).

Como fío condutor do programa desta velada podemos identificar a música instrumental concertante, que xorde no Barroco e cristaliza no século XVIII, constituíndo un dos modelos compositivos e interpretativos máis sólidos e con maior seguemento nos séculos posteriores.

O concerto

O estilo concertato, do italiano “concertare” (“loitar”, pero tamén “colaborar”), supuxo o primeiro paso decisivo á hora da emancipación da música instrumental, ata ese momento supeditada á vogal, e implica a consideración da orquestra (outra innovación do período) como un conxunto autónomo, cunha xerarquización e unha estrutura moi concretas (determinadas polo compositor Jean Baptiste Lully, ó mando da vida musical na Francia do Rei Sol), e cun xogo dialéctico (“loitar”) e dialóxico (“colaborar”)  moi visible nas interaccións entre as distintas cordas instrumentais, que unhas veces compiten por demostrar a súa primacía sobre os demais (o solista por unha banda e o tutti orquestral pola outra), e outras veces cooperan construíndo compactos conxuntos.

A forma concerto solista nace froito deste ideal estético, e, sometido ó principio barroco do contraste, acada unha estrutura tripartita con tres movementos contrastantes (Rápido – Lento – Rápido) que se manterá case inalterable en boa parte das composicións posteriores.

Cronoloxicamente, o primeiro dos dous concertos que escoitaremos hoxe é un dos moitos que compuxo Antonio Vivaldi. O concerto Grosso Mogul, RV 208, en tres movementos e en re maior, é unha obra temperá do compositor veneciano, composta na década de 1710, transcrita por J. S. Bach para órgano (BWV 594, en do maior). Hai varias versións do mesmo concerto, algunhas con cadencias simplificadas (RV 208a) e mesmo cun segundo movemento diferente (como o publicado arredor de 1720 en Ámsterdam, como o Concerto número 11 do Opus 7 de Vivaldi).

O título “Grosso Mogul” aparece no manuscrito de Schwerin, escrito despois de 1717, e segundo Michael Talbot a denominación estaría vencellada probablemente co libreto da ópera Il gran Mogol, de Domenico Lalli, estreada en Nápoles en 1713.

O primeiro e terceiro movementos teñen forma de Ritornello, e o segundo ten un carácter rapsódico ou improvisado no que as cadencias xogan un papel destacado.

A sonata e o concerto

A consolidación da forma sonata no primeiro clasicismo deu froitos tan fértiles como a súa aplicación na forma concerto, de xeito que o principio de contraste entre os dous temas (A e B) da primeira sección (exposición) se combina co principio de recapitulación da forma sonata tripartita, dando lugar a primeiros movementos en concertos solistas que teñen a mesma estrutura musical: exposición bitemática (cos temas A e B, e marcando o contraste harmónico entre a tónica e a dominante), desenvolvemento (con maior liberdade, pero coa viaxe harmónica de regreso á tonalidade principal) e recapitulación (cos temas A e B, ambos na tónica).

Podemos comprobar este legado estrutural no segundo concerto desta viaxe temporal, o Concerto para violín e orquestra número 5 de W. A. Mozart, unha obra que está datada en 1775.

Ten unha estrutura tripartita (tres movementos Rápido – Lento – Rápido), na que o primeiro movemento ten un Aperto Allegro que precede á forma sonata que lle segue (tamén tripartita, con dous temas A e B, variados, na Exposición, seguidos do Desenvolvemento e da Recapitulación). Son continuas as alternancias de protagonismo entre o solista e a orquestra (unha pequena agrupación que neste caso consta de dous óboes, dúas trompas e cordas).

Despois dun segundo movemento lento, idóneo para que o solista desplegue os seus recursos expresivos, pecha a composición un terceiro movemento moi vivo con ritmo de minueto e coa estrutura dun rondó francés. A presenza neste movemento dun tema musical moi característico é o que lle dá o alcume de “turco”.

A sinfonía

Pola súa banda, a etiqueta “sinfonía” (do grego “syn-“, significando “con”, e “phoné”, “sons”, é dicir: “sons que van xuntos”), que inicialmente designaba a obras instrumentais que acompañaban a outras vogais, acabaría especializándose en canto se combinou coa forma sonata, e pasaría a designar as formas instrumentais para orquestra, con catro ou máis movementos contrastantes entre si (Rápido – Lento – Danza: Minueto ou Scherzo – Rápido).

A primeira obra do noso percorrido cronolóxico é a Sinfonía número 49 en fa menor de F. J. Haydn, composta en 1768 e un exemplo destacado do seu estilo Sturm und Drang, un estilo preclásico que afonda na expresión das emocións tráxicas e relacionadas cun páthos doloroso, anticipo lonxano das pesquisas expresivas do Romanticismo; é a última das súas sinfonías coa forma da sonata da Chiesa: Lento – Rápido – Lento (minueto) – Rápido.

A orquestración é a habitual nesa época: dous óboes, fagot, dúas trompas, corda e continuo.

O alcume “La passione” remóntase, probablemente, a unha interpretación durante a Semana Santa na cidade alemá de Schwerin en 1790, onde se prohibira interpretar a música profana entre 1756 e 1785.

Coa excepción do terceiro movemento (que está en fa maior), trátase dunha sinfonía homotonal, é dicir: mantén a tonalidade de fa menor nos outros tres movementos.

A última obra é a Sinfonía para cordas número 2 en re maior de F. Mendelssohn, quen compuxo trece sinfonías para orquestra de cordas entre 1821 e 1823, cando tiña entre 12 e 14 anos. Trátase, pois, de obras de xuventude, nas que son patentes a influencia construtiva de Zelter (baseada en modelos clásicos) e o emprego do contrapunto de Bach e Haendel.

Escrita en 1821, a obra que nos ocupa ten unha estrutura tripartita (Allegro – Andante – Allegro vivace), no seu segundo movemento a súa instrumentación deixa percibir a influencia de Haendel na exploración das estruturas contrastantes, e no terceiro asistimos a un exercicio de contrapunto coas súas frases imitativas.

O concertino

Unha vez rematado este percorrido concertístico e sinfónico, permítannos presentarlles ó violinista solista e concertino que capitaneará a Orquestra Vigo 430 nesta ocasión:

Jonian Ilias Kadesha ten raíces grecoalbanesas e vive en Berlín. O xoven músico non só fala grego, albanés, alemán e inglés, senón que tamén ten un gran interese pola filosofía e a retórica.

A súa forma de tocar caracterízase pola precisión estilística na interpretación de obras temperás a contemporáneas, e na exactitude da súa articulación. Cunha imaxinación sonora sen límites, Kadesha sempre está na procura de algo novo.

Galardoado nos concursos de violín Deutscher Musikwettbewerb, Windsor International e Leopold Mozart, o xoven violinista debutou recentemente coa Orquestra de Cámara Escocesa no Tívoli de Copenhague, coa Orquesta RTE no National Concert Hall de Dublín, coa Orquestra Filharmónica Real, coa Nova Orquestra Estatal Rusa baixo a dirección de Yuri Bashmet e coa Orquestra de Cámara de Europa no Festival de Kronberg. Debutou coa Orquestra Estatal de Atenas en outono de 2019 interpretando o Concierto para violín de Skalkottas, cuxas “Pequeñas Suites” gravou para CAvi-music, xunto con obras de Enescu e Ravel en 2017. Xunto coa violonchelista Vashti Hunter e en colaboración con Deutschlandfunk Kultur, gravou o CD “A Journey for Two” con obras de Honegger, Skalkottas, Xenakis y Kodály, que tamén foi publicado por CAvi-music en verán.

Jonian Ilias Kadesha xa actúa nas salas de concerto máis importantes e en coñecidos festivais de toda Europa. A principios de agosto, inaugurou o Young Euro Classic Festival de Berlín, tras meses de silencio de concertos relacionados co Covid-19 na capital alemana. Outras aparicións significativas levárono ó Wigmore Hall de Londres, ó Handelsbeurs Concertzaal de Gante, ó Louvre de París, á Philharmonie de Berlín, á Salle Molière de Lyon, á Salle Garnier de Montecarlo y ó Golden Hall de Augsburgo, así como á Schubertiade, ó Heidelberger Frühling, ó Festspiele Mecklenburg-Vorpommern, ó Boswiler Sommer, ó Festival de Música de Cámara de Mantua ou ó Festival Resonances de Bélxica, entroutros.

Kadesha actuou con orquestras como a Münchner Rundfunkorchester, a Orquestra Sinfónica Estatal de Salónica e as orquestras da radio albanesa e grega. Na tempada 2020/21, interpretará o “Concerto para violín n.º 2” de Shostakóvich coa Orquestra Sinfónica Estatal de Atenas, aparecerá cos London Mozart Players e poderáselle escoitar coa Orquestra Filharmónica de Macedonia, coa Orquestra Filharmónica de Erfurt e coa Staatskapelle de Meiningen.

A música de cámara úneo con músicos tan senlleiros como Martha Argerich, Steven Isserlis, Nicolas Altstaedt, Thomas Demenga, Gábor Takács-Nagy, Ilya Gringolts y Pekka Kuusisto. Tamén foi escoitado no Kronberg Chamber Music Connects the World e no Festival de la Academia de Verbier. É cofundador do galardoado “Trío Gaspard”, que actúa regularmente en festivais e nos centros musicais de Europa e Estados Unidos. A gravación conxunta “Trio Gaspard – Live in Berlin”, con obras de Haydn, Zimmermann e Schubert, publicouse recentemente en CAvi-music. Xunto co violonchelista Florian Schmidt-Bartha, Kadesha fundou en 2017 o “Caerus Chamber Ensemble”, un conxunto de cámara flexible formado por destacados instrumentistas da xoven xeración de músicos europeos.

Kadesha estuda con Antje Weithaas na Academia Kronberg. Entre os seus profesores anteriores atópanse Salvatore Accardo, Grigori Zhislin e Ulf Wallin. Estudou música de cámara con Hatto Beyerle en Hannover e na Academia Europea de Música de Cámara. Masterclasses con Ferenc Rados, Steven Isserlis, Ivry Gitlis, Leonidas Kavakos y Eberhard Feltz completan os seus estudos. Dende 2018, Kadesha conta co apoio do Young Classical Artists Trust do Reino Unido.

Jonian Ilias Kadesha toca un violín de Giovanni Battista Guadagnini (1749), en préstamo privado.

O repertorio desta noite

E, agora que sabemos qué faremos e baixo a batuta/arco de quen, so nos queda desexarlles que desfruten da función, na que esta será a orde das interpretacións:

1ª PARTE

Felix MENDELSSOHN (Hamburgo 1809 – Leipzig 1847)

Sinfonía nº 2 en re maior para cordas 

  1. Allegro
  2. Andante
  3. Allegro vivace

Wolfgang Amadeus MOZART (Salzburgo 1756 – Viena 1791)

Concerto para violín e orquestra nº 5 – KV 219 

  1. Allegro aperto
  2. Adagio
  3. Rondeau: Tempo di Menuetto 

2ª PARTE

Antonio VIVALDI (Venecia 1678 – Viena 1741)

Concerto para violín e orquestra RV 208 «Grosso Mogul» 

  1. Allegro
  2. Grave (Recitativo)
  3. Allegro

Franz Joseph HAYDN (Rohrau 1732 – Viena 1809)

Sinfonía nº 49 «La Passione» 

  1. Adagio
  2. Allegro di molto
  3. Menuet – Trio
  4. Finale: Presto 

 

David Rodríguez Rivada

  • Jonian Ilias Kadesha

    Violín

    Jonian Ilias Kadesha ten raíces grecoalbanesas e vive en Berlín. Non só fala grego, albanés, alemán e inglés, senón que tamén ten un gran interese pola filosofía e a retórica. A súa forma de tocar caracterízase pola precisión estilística na interpretación de obras temperás a contemporáneas, e na exactitude da súa articulación. Cunha imaxinación sonora sen límites, Kadesha sempre está en busca de algo novo.

    Foi galardoado nos concursos de violín Deutscher Musikwettbewerb, Windsor International e Leopold Mozart.
    Debutou recentemente coa Orquestra de Cámara Escocesa no Tivoli de Copenhague, coa Orquestra RTE no National Concert Hall de Dublín, a Orquestra Filarmónica Real, a Nova Orquestra Estatal Rusa baixo a dirección de Yuri Bashmet e a Orquestra de Cámara de Europa no Festival de Kronberg. Debutou tamén coa Orquestra Estatal de Atenas no outono de 2019 interpretando o Concerto para violín de Skalkottas, cuxas Pequenas Suites gravou para CAvi-music, xunto con obras de Enescu e Ravel en 2017. Xunto coa violonchelista Vashti Hunter e en colaboración con Deutschlandfunk Kultur, gravou o CD A Journey for Two con obras de Honegger, Skalkottas, Xenakis e Kodály, que tamén foi publicado por CAvi-music no verán.

    Jonian Ilias Kadesha xa actúa nas salas de concerto máis importantes e en coñecidos festivais de toda Europa. A principios de agosto, inaugurou o Young Euro Classic Festival de Berlín, tras meses de silencio de concertos relacionados con Covid-19 na capital alemá. Outras aparicións significativas leváronlle ao Wigmore Hall de Londres, o Handelsbeurs Concertzaal de Gante, o Louvre de París, a Philharmonie de Berlín, a Sáelle Molière de Lyon, a Sáelle Garnier de Montecarlo e o Golden Hall de Augsburgo, así como á Schubertiade, o Heidelberger Frühling, o Festspiele Mecklenburg-Vorpommern, o Boswiler Sommer, o Festival de Música de Cámara de Mantua ou o Festival Resonances de Bélxica, entre outros.
    Kadesha actuou con orquestras como a Münchner Rundfunkorchester, a Orquestra Sinfónica Estatal de Salónica e as orquestras da radio albanesa e grega. Na tempada 2020/21, interpretará o Concerto para violín n.º 2 de Shostakóvich coa Orquestra Sinfónica Estatal de Atenas. 2 de Shostakovich coa Orquestra Sinfónica Estatal de Atenas, aparecerá cos London Mozart Players e poderáselle escoitar coa Orquestra Filarmónica de Macedonia, a Orquestra Filarmónica de Erfurt e a Staatskapelle de Meiningen.

    A música de cámara únelle a músicos de renome como Martha Argerich, Steven Isserlis, Nicolas Altstaedt, Thomas Demenga, Gábor Takács-Nagy, Ilya Gringolts e Pekka Kuusisto. Tamén se lle escoitou no Kronberg Chamber Music Connects the World e no Festival da Academia de Verbier. É cofundador do galardoado Trío Gaspard, que actúa regularmente en festivais e nos centros musicais de Europa e Estados Unidos. A gravación conxunta Trio Gaspard – Ao vivo in Berlin, con obras de Haydn, Zimmermann e Schubert, publicouse recentemente en CAvi-music. Xunto co violonchelista Florian Schmidt-Bartha, Kadesha fundou en 2017 o Caerus Chamber Ensemble, un conxunto de cámara flexible formado por destacados instrumentistas da nova xeración de músicos europeos.


    Kadesha estudou con Antje Weithaas na Academia Kronberg. Entre os seus profesores anteriores atópanse Salvatore Accardo, Grigori Zhislin e Ulf Wallin. Estudou tamén música de cámara con Hatto Beyerle en Hannover e na Academia Europea de Música de Cámara. Masterclasses con Ferenc Rados, Steven Isserlis, Ivry Gitlis, Leonidas Kavakos e Eberhard Feltz completan os seus estudos. Desde 2018, Kadesha conta co apoio do Young Classical Artists Trust do Reino Unido.

    Jonian Ilias Kadesha toca un violín de Giovanni Battista Guadagnini (1749), en préstamo privado.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?