Múltiples Resonancias
Múltiplensemble & Ensemble Vigo 430Rafael Yebra, Saxofóns,
Manuel Cebrián, Guitarra eléctrica,
Brenda Vidal. Piano.
David Rodríguez, Percusión.
Colabora: Juanma LoDo (artista visual). Auditorio Martín Códax Sábado, 28 de Xaneiro de 2023, ás 20:00h Programa
I PARTE
Emily Koh, Chronoma**, saxofón soprano/alto, piano, percusión
Jacobo Gaspar, Resonancias Arbóreas, saxofón barítono e percusión
Fredrik Zeller, GeteiltesLiedisthalbesLied_DasOriginal* saxofón barítono e guitarra eléctrica
Louis Andriessen, Hout saxofón tenor, guitarra eléctrica, piano e percusión
II PARTE
Philip Glass 1+1 for One Player & Amplified Table-top, percusión
John Adams, China Gates, piano
Steve Reich, Electric Counterpoint, guitarra e ensemble guitarras (pregravadas)
Chaya Cernowin, Shahaf, saxofón sopranino/barítono, guitarra eléctrica, piano, percusión
*Estrea absoluta ** Estrea en España
Link Facebook MultiplensembleUn discurso sonoro e visual que profundiza na tímbrica da música de nova creación e minimalista, con obras de Koh, Gaspar, Zeller, Cernowin, Glass, Adams, Reich e Andriessen.
Notas ao programa.
I PARTE
Emily Koh (Singapur, 1986) profesora de composición na Escola de Música Hugh Hodgson da Universidade de Georgia. A súa música caracterízase por explorar pequenos detalles do son. En Chronoma (2019) de croma (color) e cronos (tempo) retrata a exploración das cualidades sonoras tímbricas, texturais e espaciais a través de diminutas expansións sobre frases melódicas.
Jacobo Gaspar (Mos, 1975) doutor pola Universidade de Oviedo, na actualidade é profesor no CSM de Vigo. A súa obra parte da modernidade e do paradigma que esta define, no que se reformula a relación son-música, algo do que se deriva unha expansión dos medios e das técnicas instrumentais, novas liñas de traballo con intérpretes e unha concepción da escoita dirixida a ensanchar a experiencia perceptiva.
A partitura Resonancias Arbóreas (2019) para saxofón barítono e percusión foi estreada por Múltiplensemble no Festival Resis 2019, onde o compositor escribía:
“A fisicidade de “Árbore” de Manolo Paz e o sentido trascendente que José Ángel Valente amosa en “Elegía, el árbol” son o xermen de “Resonancias arbóreas”. A árbore de M. Paz moldea un material pétreo que aspira a ser orgánico. Este sentido ascendente, no poema de J. A. Valente, ven delimitado por unha elevación ao mundo invisible; polo paso do mundo sensible ao trascendente.
Escoitar a resonancia do son sitúanos no límite do mundo sensible. Un espazo onde a materia e aquilo outro que trascende a súa existencia conflúen.” – Jacobo Grandal
Fredrik Zeller (Alemaña, 1965) Por decisión expresa do compositor non se contempla ningunha referencia biográfica. Sobre a peza GeteiltesLiedisthalbesLied_DasOriginal (2019) o autor indícanos:
“Geteiltes LEId ist halbes LEId” é un proverbio alemán que significa: Si falas con alguén do teu sufrimento sufrirás só a metade. Cambiando as verbas a “Geteiltes LIEd ist halbes LIED” convértese nunha “A canción dividida na metade da canción”. Tiven esta idea fai 10 anos e resultou unha canción elemental moi popular que me perseguiu durante algúns anos da miña vida.” – Fredrik Zeller
Chaya Cernowin (Israel, 1957) profesora na Universidade de Harvard, é unha das compositoras máis destacadas no panorama internacional actual como así o acreditan os numerosos premios, colaboracións con importantes orquestras, ensembles internacionais e gravacións. Sobre Sahaf (2008) a compositora escribía:
“Sahaf é parte do ciclo ‘Shifting Gravity’ no que exploro as leis da física e a súa realización física dun xeito lúdico. En ‘Sahaf’ coa súa inusual instrumentación, unha ‘ráfaga’ de incidentes selectivos paralelízase cada vez máis ata que todos os instrumentos imaxinan conxuntamente o poderoso xiro dun cascabel de trinquete sobredimensionado. “– Chaya Czernowin
Unha música acentuada por un elevado grado de vitalidade, chegando por momentos a ser visceral ou incluso salvaxe.
II PARTE
1+1 for One Player & Amplified Table-top (1967) de Philip Glass (Baltimore, 1937) escrita tal e como indica para un músico e táboa amplificada na que o intérprete determina a duración das progresións resultando a peza cunha indeterminada duración.
China Gates (1977) para piano foi composta polo norteamericano John Adams (Massachusetts, 1947) como froito da experimentación con ritmos e modos. Escrita como un palíndromo casi perfecto, divídese en tres partes nun movemento continuo que reflexa a chuvia constante. Este é o que nos conta o propio compositor sobre esta partitura:
“China Gates foi escrita para xoves pianistas e emprega os mesmos principios que Phrygian Gates, sin recorrer a efectos de virtuosismo. Tamén oscila entre dúas palabras modais, só que o fai con extrema delicadeza. Agora paréceme unha peza que chama a atención sobre os detalles da escuridade, a luz e as sombras que existen en medio”. John Adams
Electric Counterpoint (1987) de Steve Reich (New York, 1936) foi escrita para coñecido guitarrista Pat Metheny. A partitura pode presentarse na versión para guitarra eléctrica e cinta na que se inclúen dous baixos eléctricos e ata dez guitarras, e outra para conxunto de guitarras que ofrece similitudes con New York Counterpoint do mesmo compositor. Nesta música subxacen tres elementos vitais na música de Reich, o jazz, a electrónica e o minimalismo. Este último considerado como unha música experimental que xorde en torno aos anos 60 nos Estados Unidos. Músicas construídas a partir da repetición constante de pequenas frases a modo de loops dentro dunha consoante harmonía que xera unha ilusión acústica e tímbrica no devir do tempo.
Hout (1991) escrita polo holandés Louis Andriessen (Utrech, 1939- 2021) sigue un estrito estilo de canón nas catro voces á distancia de tan só unha semicorchea resultando máis unha melodía ao unísono
cun diley múltiple. Un cúmulo de ramificacións que parten dun tronco común o que axuda a contextualizar o nome hout, traducido como madeira dende o holandés.
- Tempada
- Grimm duette · 29 de Outubro de 2022
- Arcos e espadas · 18 de Novembro de 2022
- Música e videoxogos: unha odisea sinfónica · 23 de Decembro de 2022
- Múltiples Resonancias · 28 de Xaneiro de 2023
- Jonian Ilias Kadesha · 25 de Febreiro de 2023
- Sergey Malov · 05 de Marzo de 2023
- Maya Levy · 22 de Abril de 2023
- Iria Folgado e Vicent Alberola · 26 de Maio de 2023
-
Multiplensemble
Múltiple é o sinal dun colectivo de artistas que busca espazos de desenvolvemento e crecemento a través de variadas iniciativas artísticas. Cunha ampla experiencia no eido da interpretación e a docencia con proxectos presentados en países como Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Bélxica, ou Austria, pretenden dinamizar un itinerario no que a arte do presente cohabita en múltiples contextos.
Dende a súa presentación en 2009 no marco do Festival Are de More de Vigo presentaron variados proyectos entre os que cabe destacar o espectáculo multidisciplinar “Visións Sobre o Lérez” patrocinado polo Concello de Pontevedra en 2012 con motivo do día europeo da música. Participaron en festivais e ciclos como Festival Resis 2019 na Coruña, Matinais Musicais 2021 na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, Festival Sinsal Outono 2021 en Vigo, Explurart do CSM de Vigo, ou no Lisboa Incomun en Seia e Lisboa no ano 2020, entre outros.
Artistas participantes neste concerto:
Rafael Yebra (saxofóns), Manuel Cebrián (Guitarra eléctrica), Brenda Vidal (piano), David Rodríguez
(percusión) Colabora: Juanma LoDo (artista visual).
Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?