Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Orixes - Ciclo Outono: 27 Outubro

27 OUTUBRO – 12:00 h


Nadia Kalmykova & Brais González + Ensemble Vigo 430

Salón Rexio "A Sede" Domingo, 27 de Outubro de 2024, ás 12:00h

Entradas

Programa

O repertorio do concerto:

Ludwig van Beethoven: Sonata nº 5 en fa maior, op 24

Maurice Ravel: Sonata nº 2 en sol maior

Maurice Ravel: «Introducción e Allegro» para harpa, frauta, clarinete e cuarteto de cordas

 

Notas ao programa.

 

O segundo concerto, programado para o 27 de outubro ás 12:00 h, ofrecerá un repertorio igualmente atractivo para violín e piano, no que destacará a soada sonata «Primavera» de Ludwig van Beethoven. Tamén se interpretará a sonata nº 2 de Maurice Ravel. Como broche de ouro, poderase gozar da obra de Ravel «Introdución e allegro» cunha suxestiva formación que incluirá arpa, clarinete, frauta e cuarteto de cordas, creando unha atmosfera musical única e envolvente.

 

Programa detallado:

Ludwig van Beethoven: Sonata Nº 5 in fa maior, op 24 para violín e piano
I. Allegro
II. Adagio molto espressivo
III. Scherzo. Allegro molto – Trio
IV. Rondo. Allegro ma non troppo
PAUSA
Maurice Ravel:
Sonata nº 2 en sol maior M. 77 para violín e piano
I. Allegretto
II. Blues
III. Perpetuo mobile
«Introduction et Allegro» para harpa, frauta, clarinete e cuarteto de corda
  • Brais González

    O compositor e pianista vigués Brais González estudou na Universidade Mozarteum de Salzburgo e nos conservatorios de Vigo e Oviedo. Actuou como solista e músico de cámara nunha vintena de países europeos. Como compositor, as súas obras foron interpretadas en importantes escenarios do continente, como o Auditorio de Galicia, o Conde Duque (Madrid), o KUMU (Estonia), o Baltais Fligelis (Letonia) ou a Galeria Flux (Hungría). Os seus traballos discográficos en solitario afondan na súa exploración da linguaxe e composicións clásicas coas músicas improvisadas e de raíz. É fundador de Caspervek Trio, unha das bandas europeas de referencia na musicalización de cine mudo en directo. Na súa labor fóra do eido da música académica, participu como arranxista e productor do álbum do cantante folk Nelson Quinteiro “Músicas de Domingo”, na composición e producción da música incidental para obra teatral “Pyka” do Colectivo CinemaSticado e na composición e deseño musical da multi-premiada curtametraxe de Diego R. Aballe “Canibalismo”. En 2021 ven de publicar co selo IBS unha escolma de sonatas do barroco italiano xunto ao violinista Roberto Alonso.

    Dende o ano 2014 codirixe e produce o podcast de musicoloxía e divulgación musical “Anónimo IV” xunto á investigadora Erea Carbajales. É cofundador do proxecto “Bórea”, unha iniciativa con base en Suiza que busca explorar as relacións entre a música de cámara e as novas tecnoloxías dixitais.

  • Nadia Kalmykova

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?