Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Temporada
Inverno 2022

Xaneiro 2022 a Maio 2022

Tempada 2022 -Ciclo de concertos para o período xaneiro a maio de 2022, composto por cinco programas que se caracterizan pola súa gran variedade, e que serán interpretados, como é habitual, polas formacións de música de cámara, sinfónica e barroca. A Orquestra decidiu ampliar o habitual ciclo de primavera, circunscrito aos meses de marzo, abril e maio, aos meses de xaneiro e febreiro, substituíndo esta denominación pola de “Tempada 2022”. Iso é debido ao incremento do apoio económico por parte do Concello de Vigo que permitirá ampliar o número de concertos ofrecidos á cidadanía sen perder nadiña de nada da súa calidade habitual. Esta tempada de concertos terá a súa continuación no “Ciclo de Outono”, que chegará puntualmente no mes de outubro.

A programación contará como sempre con invitados de auténtico luxo. Desa forma visitarán Vigo figuras internacionais como a violinista holandesa Rosanne Philippens, quen levará a cabo a súa segunda colaboración coa orquestra tras o moi grato recordo que deixou na súa primeira colaboración coa orquestra no último concerto sinfónico previo á pandemia. De novo farao como solista e directora, nun programa que promete ser realmente espectacular, coa disruptora 3ª sinfonía de Beethoven ademais do soado concerto para violín de Brahms.

A este gran concerto sinfónico seguiranlle dúas propostas de música de cámara moi diferentes entre se: en febreiro membros da sección de vento da orquestra interpretará música seleccionada orixinal para quinteto de metais; mentres que en marzo teremos a ocasión de escoitar outra obra de Brahms, neste caso para corda, como é o xenial Sexteto Nº2 op.36, e no que o Ensemble Vigo 430 contará coa colaboración da violinista María Florea (habitual xa nas nosas programacións) e a violista exipcia Sindy Mohamed, artista residente este ano da Orquestra Vigo 430. En abril regresará a orquestra sinfónica cunha proposta nova destinada sobre todo ao público familiar, infantil e xuvenil, como será o programa titulado “As aventuras do Príncipe Achmed”, no que o público poderá visionar a película orixinal de Lotte Reiniger (1926) titulada da mesma forma, e que é a longametraxe animada máis antigo que chegou ata os nosos días, realizado cunha laboriosa técnica de siluetas.

A música foi composta especificamente para esta película polo compositor vigués Brais González, estando a orquestra dirixida por Isabel Rubio, unha tempada máis directora asociada da OV430. O ciclo terá un broche de ouro cun concerto da formación da orquestra especializada na música barroca da OV430, que nesta ocasión contará como solista coa virtuosa intérprete de frauta de pico Lucie Horsch, unha das artistas máis requiridas do momento en toda Europa, e que interpretará concertos para este instrumento de Bach, Vivaldi, Telemann e Sammartini.

A Orquestra Vigo 430 presenta ademais para esta tempada o seu novo programa de socios protectores e abonados, que amplía a figura existente ata o de agora de “amigos da orquestra”, e que busca recompensar con numerosas vantaxes aos seguidores que realizan achegas económicas anuais para apoiar o proxecto.

Solista

Alexandra Tirsu

A violinista Alexandra Tirsu está a obter gran recoñecemento como unha das principais violinistas da súa xeración. Galardoada e gañadora do premio do público no prestixioso Concurso ARD 2021, así […]

Ler máis
Solista

Lucie Horsch

Lucie Horsch (1999) aos seus 22 anos é unha apaixonada defensora do seu instrumento. Nena prodixio da frauta de pico e convertida nunha virtuosa do Barroco, Horsch é unha artista […]

Ler máis
Solista

Sindy Mohamed

Nacida en Marsella en 1992, a violista exipcia Sindy Mohamed recibiu as súas primeiras clases de viola aos 8 anos. Despois de graduarse no Conservatorio de Marsella, Sindy continuou os […]

Ler máis
Solista

Sophie de Bardonnèche

Sophie de Bardonnèche é unha apaixonada violinista barroca. A súa esixencia, a súa sensibilidade e o seu entusiasmo lévana a dar concertos como solista, músico de cámara, así como coas […]

Ler máis
Solista

Maya Purdue

Nada en Tokio, a pianista Maya Purdue deslumbrou ao público en Europa e Asia, e estase a consolidar rapidamente como un novo talento da próxima xeración de pianistas. Despois de […]

Ler máis
Solista

Rosanne  Philippens

Rosanne  Philippens é unha comunicadora extraordinaria, cunha musicalidade innata e un enfoque  contaxiosamente alegre e sincero da creación musical. O seu xeito de tocar é refinado, exuberante e profundo, e […]

Ler máis
Tempada inverno 2022 Xaneiro – Maio 2022
Programa 1 INVERNO 2022
Orquestra Sinfónica Vigo430
Con Rosanne Philippens
Venres, 28 de Xaneiro de 2022, ás 20:30h
Auditorio Martin Codax do CSM de Vigo
Programa 2 INVERNO 2022
Ensemble Vigo430
Sábado, 19 de Febreiro de 2022, ás 20:00h
Auditorio Municipal de Vigo
Programa 3 INVERNO 2022
Ensemble Vigo430
Con Alexandra Tirsu, Sindy Mohamed e Maya Purdue
Sábado, 26 de Marzo de 2022, ás 20:00h
Auditorio Martin Codax do CSM de Vigo
Programa 4 INVERNO 2022
Orquestra Sinfónica Vigo430
Con Isabel Rubio
Domingo, 1 de Maio de 2022, ás 12:00h
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Programa 5 INVERNO 2022
Orquestra Barroca Vigo430
Con Lucie Horsch (frauta de pico) e Sophie de Bardonnèche (vioín)
Venres, 27 de Maio de 2022, ás 20:00h
Concatedral-Basílica de Santa María de Vigo
Todos os concertos

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?