Oboe
Iria iniciou os seus estudos musicais á idade de 9 anos no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño e cursou dous anos Especialización Instrumental en Escola de Altos Estudos de Santiago de Compostela con Christina Dominik. Ao mesmo tempo foi alumna regular de Casey Hill, oboe solista da Orquestra Sinfónica de Galicia.
En 2014 comezou os seus estudos de licenciatura en Hochschule für Musik Hanns Eisler co profesor Dominik Wollembewer, polos que foi bolseira a base de concurso pola Deputación provincial da Coruña en 2014 e 2017, a Fundación Alexander von Humboldt en 2015 e a Bolsa de Excelencia Musical do Consorcio da Promoción da Música da Coruña” en 2015 e 2018.
Participou en festivais orquestrais e de música de cámara como a Gustav Mahler Jungendorchester, Zermatt Festival, Moritzburg Festival, Gustav Mahler Academy, Encontro de Música e Academia de Santander, Clasclas International Festival, Krzyzowa Festival e Pacific Music Festival en Sapporo e Tokio.
Na sua faceta como músico de orquestra traballou coa Berliner Philharmoniker, Konzerthaus Orchester Berlin, Hr- Sinfonieorchester, Rundfunk Sinfonieorchester Berlin, Staatsoper Hannover, NDR-Hannover, Stavanger Symfoniorkester, Philharmonia Orchestra-London, Orquestra Sinfónica de Galicia , Spira Mirabilis, entre outras.
Foi academista da Karajan Akademie da Orquestra Filarmónica de Berlín, que deu paso ao seu posto actual de Corno Inglés solista na Konzerthaus Orchester Berlin.
Aparte do seu traballo na orquestra berlinesa, actualmente cursa Konzertexam en Hochschule für Musik Hanns Eisler con Viola Wilmsen e Dominik Wollenweber.