Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Proxecto pedagóxico

A clave da lonxevidade é aprender cada aspecto da música que poidas
– Prince

Se ben para disfrutar da música non é necesaria instrucción alguna, na OV430 cremos que, como pasa en certos deportes como o béisbol, o golf ou o tenis, é necesario coñecer para valorar con máis profundidade as características propias da música clásica.

Por esta razón, fomentamos a creación de proxectos pedagóxicos que achegen ao público xeral as características da música clásica, achegando un mundo pouco conocido para alguns e ampliando a formación clásica dos xa entendidos.

A Orquestra Vigo 430 está traballando no desenvolvemento de novas actividades dentro da súa labor pedagóxica.

EscoitAntes

Foi unha colaboración coa Universidade de Vigo, na que a Orquestra Vigo 430 realizaba cursos gratuítos denominados EscoitAntes, cuxa función era achegar as tempadas programadas a través dunha escoita activa previa das obras que se interpretaraían nos concertos.

O programa EscoitAntes atópase suspendido de forma temporal.

ClassEd

Realizado na pasada tempada 2021-22, a OV430 realizaba de xeito periódico concertos educativos para os estudantes do IES República Oriental do Uruguai.

O programa ClassEd finalizou no IES República do Uruguai e está en estudio para aplicarse en outros centros educativos da cidade

Se tes algunha proposta ou algunha dúbida sobre como colaborares coa Orquestra Vigo430 non dubides en poñerte en contacto connosco.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?