Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

A Orquestra Vigo 430 cumpre máis de 20 anos converténdose nun dos principais referentes no panorama da música clásica galega e española. Iniciada como unha pequena orquestra de corda baixo o nome de Ensemble Vigo 430, a agrupación evolucionou significativamente, consolidándose como un proxecto versátil e de prestixio. Co apoio constante do Concello de Vigo, a Orquestra Vigo 430 logrou consolidarse como un proxecto musical moderno e diferenciador, atraendo músicos e solistas de renome internacional e ofrecendo unha programación innovadora e de calidade.

 

Ao longo deste traxecto, a Orquestra Vigo 430 converteuse nunha peza fundamental da escena musical de Vigo e Galicia, sendo convidada a formar parte como membro adherido da Asociación de Orquestras Sinfónicas Españolas (AEOS). Ademais, a súa colaboración continua desde 2013 con “Amigos da Ópera de Vigo” permitiulle interpretar as óperas máis soadas do repertorio, recibindo excelentes críticas en revistas nacionais e internacionais. A excelencia da orquestra foi recoñecida co premio Martín Códax da Música de Galicia en 2014 e o seu recente nomeamento aos premios da crítica de Galicia en 2023.

 

A Orquestra Vigo 430 mantén unha estrutura flexible, adaptándose a diversas formacións, desde cuartetos de corda, pasando pola orquestra barroca ata a gran orquestra sinfónica, o que lle permite ofrecer unha programación variada e de altísima calidade musical, baseándose na calidade dos músicos locais xunto coa achega e cosmopolitismo que lle achega a colaboración de excelentes músicos de diversas nacionalidades.

 

Para celebrar o seu 20 aniversario, a orquestra presenta unha programación que é, con diferenza, a máis ambiciosa en canto a calidade de todos estes anos.

 

A tempada 2025 é unha mostra da traxectoria e da vocación da Orquestra Vigo 430 de achegar a música clásica a todas as audiencias, con programacións atractivas de alta calidade e contidos interdisciplinares, coas que a orquestra segue reafirmando o seu compromiso coa cultura e a excelencia musical en Galicia.

Libreto Temporada 2025
Tempada 2025 20º Aniversario
20º Aniversario: «Ecos de Viena: o esplendor mozartiano» 24 XANEIRO: «Ecos de Viena: o esplendor mozartiano»

Anastasia Makhamendrikova (piano)
Aarón Zapico (director)
Venres, 24 de Xaneiro de 2025, ás 20:00h
Teatro Afundación
20º Aniversario: «Il canto delle Muse”: Arias de ópera de Händel y Vivaldi» 28 FEBREIRO 2025

Anna Urpina (violín barroco e dirección),
Aurora Peña (soprano)

Entrada Libre ata completar aforo


Venres, 28 de Febreiro de 2025, ás 20:00h
Concatedral Santa María – Colexiata
20º Aniversario: «De Haydn a Bartók: a traxectoria dun xénero» 20 MARZO: «De Haydn a Bartók: a traxectoria dun xénero»

Cuarteto TALOS
Xoves, 20 de Marzo de 2025, ás 20:00h
Salón Regio A Sede
20º Aniversario: «Sons do corazón: harmonías do romanticismo» 21 MARZO: «Sons do corazón: harmonías do romanticismo»

Solista: Sonoko Miriam Welde (violín)

Dirección: José Luis López Antón
Venres, 21 de Marzo de 2025, ás 20:00h
Auditorio Martin Códax (O Castro)
20º Aniversario: «Souvenirs da corte Sterhazy: un instrumento para un príncipe» 26 ABRIL: «Souvenirs da corte Sterhazy: un instrumento para un príncipe»

Maddalena del Gobbo(Baryton) + Ensemble Vigo 430

• Haydn, Lidl y Tomasini: Tríos para barytón, viola e violonchelo

Sábado, 26 de Abril de 2025, ás 20:00h
Salón Regio de A Sede
Todos os concertos

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?