Nada en Tokio, a pianista Maya Purdue deslumbrou ao público en Europa e Asia, e estase a consolidar rapidamente como un novo talento da próxima xeración de pianistas. Despois de actuar en recitais en solitario en moitos lugares de renome en todo Xapón incluíndo; Suny Hall, Tiara Koto Hall, Tokyo Bunka Kaikan, Ishibashi Memorial Ishibashi e Suginami Koukaido Maya instalouse en Salzburgo onde estuda na prestixiosa Universitat Mozarteum coa profesora Cordelia Höfer-Teutsch.
En Austria, Maya tivo oportunidade de tocar na «Wiener Musikverein», tras o cal actuou na Mozarthause Vienna e a Wiener Saal, entre outras. Desde moi nova Maya participou en numerosos concursos nacionais e internacionais. Entre outros recoñecementos, foi galardoada co segundo premio no concurso de piano Higashi-Kantou (categoría superior) e co primeiro premio no «Tiaa’s Rising Star Concert» coa súa actuación no concerto de gala.
Maya comezou os seus estudos musicais a unha idade moi temperá, iniciando Solfexo (Rítmica) con Yuri Sakurada (Escola de Emile Jacques-Dalcroze). Despois, á idade de 3 anos, comezou a tocar o piano baixo a dirección da súa nai. Continuou os seus estudos con Masahito Shimizu. En 2016, comezou a cursar a súa licenciatura en interpretación musical na Universidade de Música Ueno Gakeun de Tokio. Aquí estudou con moitos mestres de clase mundial, incluíndo; Yukio Yokoyama, Katsumi Ueda, Michiko Tanaka e Sahiyo Yonekawa. Estudou ademáis Música de Cámara con Jean-Jacques Balet, e Cembalo con Mayako Sone. En 2018 obtivo o ingreso na Universidade de Artes Escénicas de Graz, onde estudou co profesor Peter Josza.
Maya ofrece regularmente Concertos en Salzburgo, Graz, Múnich e outras cidades de Europa, ademáis de realizar recentemente unha xira por Xapón nas prefecturas de Shiga, Nagoya e Osaka.