Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Músicos da Orquestra Vigo 430

A plantilla da Orquestra Vigo 430 adáptase constantemente os requerimentos da programación. Estos son os músicos que participarán nos proxectos desta temporada.

ORQUESTRA SINFÓNICA

ORQUESTRA BARROCA

COMPOSITOR RESIDENTE: Brais González

Equipo Técnico e Administrativo

DIRECCION ARTÍSTICA: Javier Escobar

XERENCIA E DESEÑO PRODUCIÓN: María  Alonso

 

DESEÑO GRAFICO: David Sierra
FOTOGRAFIA: Eduardo Irago
VIDEO E STREAMING: Tolemias

 

*Este é o actual equipo da orquestra, ainda que queremos salientar os nomes de Ana Novoa e Julia Estévez, quenes de xeito completamente altruísta traballaron nas tarefas de xerencia e coordinación durante máis de dez anos, contribuíndo de forma decisiva a facer de este proxecto o que é hoxe en día.

 

 

 

Brais González

Compositor Residente Orquestra Vigo 430

O compositor e pianista vigués Brais González estudou na Universidade Mozarteum de Salzburgo e nos conservatorios de Vigo e Oviedo. Actuou como solista e músico de cámara nunha vintena de países europeos. Como compositor, as súas obras foron interpretadas en importantes escenarios do continente, como o Auditorio de Galicia, o Conde Duque (Madrid), o KUMU (Estonia), o Baltais Fligelis (Letonia) ou a Galeria Flux (Hungría). Os seus traballos discográficos en solitario afondan na súa exploración da linguaxe e composicións clásicas coas músicas improvisadas e de raíz. É fundador de Caspervek Trio, unha das bandas europeas de referencia na musicalización de cine mudo en directo. Na súa labor fóra do eido da música académica, participu como arranxista e productor do álbum do cantante folk Nelson Quinteiro “Músicas de Domingo”, na composición e producción da música incidental para obra teatral “Pyka” do Colectivo CinemaSticado e na composición e deseño musical da multi-premiada curtametraxe de Diego R. Aballe “Canibalismo”. En 2021 ven de publicar co selo IBS unha escolma de sonatas do barroco italiano xunto ao violinista Roberto Alonso.

Dende o ano 2014 codirixe e produce o podcast de musicoloxía e divulgación musical “Anónimo IV” xunto á investigadora Erea Carbajales. É cofundador do proxecto “Bórea”, unha iniciativa con base en Suiza que busca explorar as relacións entre a música de cámara e as novas tecnoloxías dixitais.

www.braisgonzalez.com

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?