Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Amarilis Dueñas

Violonchelista http://www.amarilisduenas.es/

Amarilis Dueñas é unha das intérpretes máis destacadas da súa xeración no ámbito da interpretación historicista. É recoñecida polo seu equilibrio entre precisión, intuición e liberdade, así como polo dominio das dinámicas, da agóxica, da fraseo e da ornamentación. Ofrece concertos por toda Europa como solista e música de cámara con violonchelo e viola da gamba, e tamén participa regularmente con formacións como a Akademie für Alte Musik Berlin, Concerto Köln ou B’Rock Orchestra. Ten actuado en salas de prestixio como o Musikverein de Viena, o Concertgebouw de Ámsterdam, a Kölner Philharmonie ou o Konzerthaus de Berlín.

Foi galardoada en diversos certames, entre eles Juventudes Musicales, o Premio Internacional Pau Casals, o Concurso TAMIS de Saarbrücken e o concurso de música de cámara “Beethoven in seiner Zeit” (2021), onde obtivo o premio individual á mellor intérprete, ademais do segundo premio e o premio especial á mellor interpretación de Beethoven, outorgado pola Beethoven-Haus Bonn, xunto co Trio Alterna. No Concurso Internacional Bach-Abel de Viola da Gamba de Köthen (2023) acadou o segundo premio, o premio do público e o Premio Abel; e en 2025 foi premiada no Internationaler Telemann Wettbewerb cos galardóns do público e o Premio Especial Leipziger Orchester.

Na súa interpretación pódense albiscar as influencias de mestres como Jordi Savall, Paolo Pandolfo, Bruno Cocset ou Kristin von der Goltz. Formouse na HfMT Köln (Colonia, Alemaña) con Maria Kliegel e Rainer Zipperling, e actualmente continúa os seus estudos co profesor Robert Smith na mesma institución.

O traballo de Amarilis Dueñas céntrase na interpretación historicista, mais non se limita á música antiga: os seus proxectos inclúen tamén arranxos para viola da gamba de música doutros estilos e épocas, como no programa “Dream of Time”, que interpreta xunto á mezzosoprano Julia Kurig Yazaki.

Compartiu escenario con músicos como Gottfried von der Goltz, Tobias Koch e Shunske Sato.

Desde novembro de 2023, toca cun instrumento de Niccolò Gagliano (1775), cedido pola Jumpstart Jr. Foundation.

Solista

Rachel Ellen Wong

A violinista Rachell Ellen Wong é unha intérprete única e vibrante, igualmente cómoda tanto no repertorio barroco como no violinístico clásico e romántico. En 2020 fixo historia ao ser galardoada […]

Ler máis
Solista

Lucie Horsch

Lucie Horsch (1999) aos seus 22 anos é unha apaixonada defensora do seu instrumento. Nena prodixio da frauta de pico e convertida nunha virtuosa do Barroco, Horsch é unha artista […]

Ler máis
Solista

Maya Purdue

Nada en Tokio, a pianista Maya Purdue deslumbrou ao público en Europa e Asia, e estase a consolidar rapidamente como un novo talento da próxima xeración de pianistas. Despois de […]

Ler máis