Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Javier Fajardo

Director

Javier Fajardo está recoñecido como un dos artistas emerxentes da nova xeración de directores de orquestra en España. A pesar da súa mocidade, foi convidado por diferentes entidades como a Orquestra UMIP-Ataúlfo Argenta, a Orquestra “Cristóbal Halffter” Cidade de Ponferrada, a Orquestra Sinfónica de Castela e León, a Real Filharmonía de Galicia, o Coro da Comunidade de Madrid ou o do Palau de la Música Catalana, entre outros. Foi director artístico da Xove Orquestra e Coro da Universidade de Valladolid desde o ano 2017 ata o 2024 e, desde o 2022 ata o presente, é o director musical do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

A título persoal, foi galardoado con diversos premios, como o segundo premio do concurso de directores Towards Polyphony de Wroclaw (Polonia) no ano 2017 ou o terceiro premio no concurso Aegis Carminis de Koper (Eslovenia) no ano 2019, o que o levou a realizar concertos internacionais con formacións como o Kammerchor Stuttgart, a Klassische Philharmonie Stuttgart ou o Rundfunkchor Berlin. Na presente tempada debutará coa Orquestra da Universidade de Concepción en Chile, ademais de asumir outros compromisos con orquestras coas que colabora habitualmente.

Solista

Rachel Ellen Wong

A violinista Rachell Ellen Wong é unha intérprete única e vibrante, igualmente cómoda tanto no repertorio barroco como no violinístico clásico e romántico. En 2020 fixo historia ao ser galardoada […]

Ler máis
Solista

Lucie Horsch

Lucie Horsch (1999) aos seus 22 anos é unha apaixonada defensora do seu instrumento. Nena prodixio da frauta de pico e convertida nunha virtuosa do Barroco, Horsch é unha artista […]

Ler máis
Solista

Maya Purdue

Nada en Tokio, a pianista Maya Purdue deslumbrou ao público en Europa e Asia, e estase a consolidar rapidamente como un novo talento da próxima xeración de pianistas. Despois de […]

Ler máis