Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Vicente Alberola

Director

Director

Vicent Alberola é Director Artistico de MMCV, Profesor na Universidade «Alfonso X el sabio»

e na ESMAR Valencia, ademáis de Clarinete principal de Mahler Chamber Orchestra, solista de «Dissonances» e «Utopia orchestra» ademáis da sua faceta como director de orquestra.

Durante a última década foi clarinete principal invitado coa Royal Concertgebouw Orchestra, New York Philharmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Orchestre Les Dissonances MMCK Tokyo e baixo a batuta de Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Muti, Daniele Gatti. , Daniel Harding, Andris Nelsons, Gustavo Dudamel e Alan Gilbert Nicola Luisotti, entre outros. Dirixindo asimesmo a Mahler Chamber Orchestra en varias ocasións no festival de Beijing e no Festival de Hamburgo.

En 2003 foi nomeado director da Xove Orquestra da Ópera de Madrid e en 2007 director da Xove Orquestra de Soria. Foi director titular da Orquestra Vigo 430 entre os anos 2016 e 1018. Dirixiu ademáis a Filharmónica de Oviedo, a Orquestra de Castela e León, a Sinfónica de Madrid, a Real Filharmónia de Galicia, a Orquestra do Valles, a Sinfónica de Valencia, a Joven Orquesta Nacional de España, a Orquesta Joven de Canarias e a da Sinfónica de Galicia, sendo recentemente convidado ao Nacional Colombiano e ao MMCJ Tokyo.

No ámbito da música de cámara, é habitual no Festival de Beethoven, o Festival de Alella, ou o Conservatorio Rachmaninoff de París.

Solista

Brenda Vidal

Piano Brenda Vidal Hermida comezou os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música de Vigo cos profesores Cristina Olivar, Maider Ordozgoiti e Emilio Álvarez. No 2005 accede á Escola […]

Ler máis
Solista

Lucie Horsch

Lucie Horsch (1999) aos seus 22 anos é unha apaixonada defensora do seu instrumento. Nena prodixio da frauta de pico e convertida nunha virtuosa do Barroco, Horsch é unha artista […]

Ler máis
Solista

Maya Purdue

Nada en Tokio, a pianista Maya Purdue deslumbrou ao público en Europa e Asia, e estase a consolidar rapidamente como un novo talento da próxima xeración de pianistas. Despois de […]

Ler máis