Múltiple é o sinal dun colectivo de artistas que busca espazos de desenvolvemento e crecemento a través de variadas iniciativas artísticas. Cunha ampla experiencia no eido da interpretación e a docencia con proxectos presentados en países como Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Bélxica, ou Austria, pretenden dinamizar un itinerario no que a arte do presente cohabita en múltiples contextos.
Dende a súa presentación en 2009 no marco do Festival Are de More de Vigo presentaron variados proyectos entre os que cabe destacar o espectáculo multidisciplinar “Visións Sobre o Lérez” patrocinado polo Concello de Pontevedra en 2012 con motivo do día europeo da música. Participaron en festivais e ciclos como Festival Resis 2019 na Coruña, Matinais Musicais 2021 na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, Festival Sinsal Outono 2021 en Vigo, Explurart do CSM de Vigo, ou no Lisboa Incomun en Seia e Lisboa no ano 2020, entre outros.
Artistas participantes neste concerto:
Rafael Yebra (saxofóns), Manuel Cebrián (Guitarra eléctrica), Brenda Vidal (piano), David Rodríguez
(percusión) Colabora: Juanma LoDo (artista visual).