Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

31 XANEIRO: <>

31 XANEIRO: <>
Intérpretes:
Rafa Yebra (saxofón) & Wanshu Qiu (viola)
Museo MARCO Sábado, 31 de Xaneiro de 2026, ás 20:00h

Entradas

Programa

O repertorio do concerto:

Rebecca Clarke (Reino Unido, 1886 – 1979)
Prelude, Allegro and Pastorale (1941/2014) saxofón alto e viola
Dai Fujikura (Xapón, 1977)
Twin Tweets* (2019/2026) saxofón alto e viola
Laura Vega (Gran Canaria, 1978)
Paraísos perdidos IV* (2018/2026) saxofón tenor e viola
Tigran Mansurjan (Líbano, 1939)
Lachrymae (1999) saxofón soprano e viola
Alicia Díaz de la Fuente (Madrid, 1965)
Color de invierno (2019) saxofón soprano
Suting Han (China, 1995)
Grain Bud** (2018) viola
Xesús Xosé Iglesias González (Ponteareas, 1982).
Síntesis (2019) saxofón alto
Roger Zare (EEUU, 1985)
Kugelblitz** (2013) saxofón alto e viola
* Estrea nova versión
** Estrea en España

PROGRAMA DE MAN

O programa «Momentos rituais» ofrece un diálogo entre dous instrumentos de natureza ben distinta: O saxofón, instrumento de vento relacionado especialmente co jazz e a música contemporánea, e a viola, instrumento de corda máis asociada á música sinfónica e/ou camerística. O repertorio proposto expón as posibilidades expresivas destes dous instrumentos a solo e en dúo, no que escoitaremos estéticas, ás veces próximas e outras ben distantes. Esta coincidencia, non fortuíta, integra un discurso cosmopolita e visionario do mundo no que vivimos, unhas veces estático e outras dinámico, mais en constante transformación. Trátase pois de evolución ou revolución, isto é: un cambio gradual e lento ou pola contra, rápido e brusco.

  • Rafael Yebra

    Rafael Yebra é doutor pola Universität Politècnica de València e profesor superior de saxofón polo Conservatorio Superior Música da Coruña. Asiste a numerosos cursos de perfeccionamiento musical como o Seminario de Saxofón Contemporáneo da Escola de Altos Estudos do IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais) en Santiago de Compostela ou na Aula de Música de la Universidad de Alcalá de Henares en Madrid, entre outras. Forma parte do Ensemble Modulable de Saxofóns S@x 21, Klonos, Múlti- plensemble, Sax Inflexion e colabora coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica Vigo 430, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Pontevedra, Taller Atlántico Contemporáneo e Vertixe Sonora Ensemble. Ten presentado concertos en Francia, España, Italia, Alemaña, Austria, Albania, Kazajistán, Portugal e Macedonia, e participou no Festival ClasClas en Vilagarcía de Arousa (2025), 35ª edición do Premio Jóvenes Comopositores Fundación SGAE-CNDM na Auditorio 400 Museo Reina Sofía en Madrid (2024), na Programación 2022-23 da Orquestra Sinfónica Vigo 430, XLIII Encontre Internacional de Compositors en Palma de Mallorca (2022), Matinais Musicais da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela (2022), Festival DME – Lisboa Incomun en Seia e Lisboa (2021), Festival Sinsal Outono (2021) en Vigo, Festival Resis na Coruña (2019), Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela (2018 e 2024), Saxornadas (2017) e Explurart (2019) no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Aula Internacional de Saxofón de Tui (2015 a 2019), “Jornadas de Saxofón” en Sevilla (2000 e 2002), Festival Are More de Vigo (2009), etc.

    Rafael Yebra foi vicedirector e director do Conservatorio Superior de Música de Vigo entre 2011 e 2015, e na actualidade é catedrático de saxofón en dito centro despois de pasar polos conservatorios profesionais de Vigo, Ferrol e Pontevedra. Imparte clases maxistrais en conservatorios superiores e universidades europeas no marco do programa de mobilidades Erasmus con destinos en Roma, Berlín, Viena, Bruxelas, Tesalónica, París, Lisboa, Milán, Tirana, Almaty e Tallin, entre outros, ao tempo que desenvolve unha ampla actividade pedagóxica como profesor e director artístico da Aula Internacional de Saxofón de Tui e como director artístico do ciclo Saxornadas dende a súa creación en 2003.

    En 2008 participa na gravación da obra Miniatura Mantis da compositora María García Mendoza patrocinado pola fundación Cuña-Casasbellas, en 2010 grava a obra Locus Amoenus para saxofón barítono e electrónica do compositor Antonio Rocha no marco do ciclo XV da Asociación Galega de Compositores, e en 2015 xunto coa Real Filharmonía de Galicia, participa na primeira gravación mundial da obra Guitar para orquestra do compositor suízo Frank Martin.

    Na súa aposta pola música actual estreou obras de Jacobo Gaspar, Jesús González, María García Mendoza, Gloria Rodríguez Gil, Pablo Beltrán, Luís Carro, Fernando Buide, Hache Costa, Xesús Xosé Iglesias González, Eduardo Soutullo, Eligio Vila, Alicia Díaz De la Fuente, Beatriz Arizmendi, Maties Far, Laura de las Heras Alonso, Eckart Beinke, José Luis Campana, Helmut Oehring, Christophe Havel, etc. sendo dedicatario de moitas destas partituras.

    Actualmente está a traballar en diferentes proxectos nos que intenta compaxinar a música clásica actual (contemporánea) co rock, jazz e outros estilos populares de xeito que podamos gozar da realidade sonora que estamos a vivir.

  • Wanshu Qiu

    A violista chinesa Wanshu Qiu combina arte, curiosidade e versatilidade, actuando internacionalmente como solista, intérprete de música de cámara e colaboradora en proxectos que abranguen o ámbito clásico, o jazz e as artes multimedia. A súa interpretación destaca polo virtuosismo, a imaxinación e un profundo desexo de conectar co público.

    A súa traxectoria levouna a festivais como Lucerne, IMS Prussia Cove, Encuentro de Música de Santander, Bowdoin, e máis recentemente ao Edinburgh International Festival, onde foi nomeada Rising Star. Como solista actuou con formacións como o Manson Ensemble, o Carme Ensemble e os London Contemporary Soloists. A súa experiencia orquestral abrangue agrupacións como a Aurora Orchestra, Manchester Collective, The Hallé, BBC Philharmonic, Nash Ensemble e Ulster Orchestra, ocupando con frecuencia o posto de viola solista baixo a batuta de directores como Sir Simon Rattle, Sir Mark Elder, Semyon Bychkov e Elim Chan. En recoñecemento ao seu talento artístico, foi destacada pola BBC Radio 3 e entrevistada por UKVI sobre a súa traxectoria musical.

    A música de cámara ocupa un lugar central no traballo de Wanshu. É membro do premiado Kyan Quartet e do Hiraeth Trio, formacións que actúan regularmente en escenarios do Reino Unido e do estranxeiro. Son artistas da City Music Foundation e gañadores de premios como o Harold Craxton Competition e o Royal Over-Seas League. Wanshu colaborou con artistas como James Ehnes, Nicola Benedetti, Zakhar Bron e o Aviv Quartet, e continúa explorando as múltiples posibilidades da música de cámara a través de diferentes tradicións e estilos.

    A súa versatilidade vai máis alá do ámbito clásico: colaborou en proxectos de teatro, jazz e arte multimedia no Manchester International Festival, no Melbourne Arts Festival xunto a Maxine Peake, no London Jazz Festival con Alice Zawadzki, e co prestixioso conxunto vocal VOCES8. Encargou obras a novos compositores e traballou estreitamente con bailaríns e artistas interdisciplinares en proxectos innovadores de alcance internacional.

    Comprometida tamén co impacto social da música, Wanshu participa activamente en iniciativas comunitarias: actuacións en hospitais e unidades de coidados intensivos, festivais para persoas con demencia ou proxectos con Streetwise Opera. Cre profundamente no poder da música para ofrecer consolo, dignidade e alegría. Entre 2022 e 2024 foi bolseira do programa educativo da Royal Academy of Music en colaboración con Wigmore Hall, reforzando así este compromiso social.

    Nacida en Chengdu (China), Wanshu descubriu a viola aos quince anos e axiña a recoñeceu como a súa verdadeira voz artística. Estudou na Royal Northern College of Music, onde se graduou con First-Class Honours baixo a tutela de Susie Meszaros e Veit Hertenstein, e posteriormente na Royal Academy of Music de Londres con Jon Thorne. Becada con bolsas completas, completou o seu Máster e o Diploma Profesional, recibindo o Barbirolli Evelyn Rothwell Prize ao mérito artístico.

    Wanshu conta co apoio de Jargar Strings e Talent Unlimited, e ten o orgullo de tocar cunha viola construída por ela mesma en 2024 baixo a guía do luthier Stefan Peter Greiner.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?