Música e videoxogos: unha odisea sinfónica
Programa de Erea Carbajales e Brais GonzálezDirectora: Isabel Rubio
Gamer: León Picarón
Orquestra Sinfónica Vigo 430 Auditorio Mar de Vigo Venres, 23 de Decembro de 2022, ás 20:00h Programa
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Isabel Rubio (directora)
Duración Aproximada: 90 minutos
Os máis inesquencibles temas da historia dos videoxogos combinados cunha partida en directo para «gamer» e orquestra. Un programa de Erea Carbajales e Brais González coa participación do gamer «León Picarón».
O repertorio Ideado por Erea Carbajales e composto por Brais González Pérez, que interpretará a Orquestra sinfónica Vigo 430, dirixida por Isabel Rubio, está estruturado en doce bloques temáticos de videoxogos, que son os seguintes:
1) Crebacabezas: Angry Birds, Candy Crush, Tetris
2) Acción – Aventura: Uncharted, God of War, Assassin’s Creed, Medievil, The Secret of Monkey Island, The Legend of Zelda, Elden Ring.
3) Carreiras: Mario Kart, Gran Turismo, Virtua Racing
4) Survival Horror: The Last of Us, Silent Hill, Resident Evil
5) Estratexia: Age of Empires, Civilization
6) Simulación: The Sims, Animal Crossing
7) RPG: Pokémon, Final Fantasy, Skyrim, Fallout
8) Loita: Mortal Kombat, Tekken
9) Mundo aberto: Minecraft
10) FPS – Bélico: Call of Duty, Medal of Honor
11) FPS -Shooters: Far Cry, Quake, Half Life, Halo.
12) Plataformas: Super Mario, Yoshi’s Island, Crash Bandicoot, Sonic
Poderemos presenciar unha viaxe, unha historia da música moi diferente á que estamos acostumados, xa que, no canto de centrarse no que a tradición académica veu chamando “música culta occidental”, focaliza o seu interese na música que se empregou ó longo do século XX e parte do XXI no eido dos videoxogos.
E a viaxe que imos realizar porá en valor a inmensa contribución da música ó mundo, non so lúdico ou tecnolóxico senón tamén cultural, dos videoxogos. Non podemos obviar a enorme relevancia cultural e o extraordinario desenvolvemento e evolución da industria dos videoxogos, que, malia que nacera cunha finalidade primordialmente festiva e relacionada co tempo de lecer e o mundo do entretemento, acabou acadando cumios dun nivel cultural e, neste caso concreto, musical innegables.
Temos ante nós un espectáculo musical, cultural, sociolóxico pero tamén tecnolóxico e mesmo histórico cuxa absoluta orixinalidade xorde da concorrencia de múltiples enxeños, de moitas destrezas
- Tempada
- Grimm duette · 29 de Outubro de 2022
- Arcos e espadas · 18 de Novembro de 2022
- Música e videoxogos: unha odisea sinfónica · 23 de Decembro de 2022
- Múltiples Resonancias · 28 de Xaneiro de 2023
- Jonian Ilias Kadesha · 25 de Febreiro de 2023
- Sergey Malov · 05 de Marzo de 2023
- Maya Levy · 22 de Abril de 2023
- Iria Folgado e Vicent Alberola · 26 de Maio de 2023
-
Brais González
O compositor e pianista vigués Brais González estudou na Universidade Mozarteum de Salzburgo e nos conservatorios de Vigo e Oviedo. Actuou como solista e músico de cámara nunha vintena de países europeos. Como compositor, as súas obras foron interpretadas en importantes escenarios do continente, como o Auditorio de Galicia, o Conde Duque (Madrid), o KUMU (Estonia), o Baltais Fligelis (Letonia) ou a Galeria Flux (Hungría). Os seus traballos discográficos en solitario afondan na súa exploración da linguaxe e composicións clásicas coas músicas improvisadas e de raíz. É fundador de Caspervek Trio, unha das bandas europeas de referencia na musicalización de cine mudo en directo. Na súa labor fóra do eido da música académica, participu como arranxista e productor do álbum do cantante folk Nelson Quinteiro “Músicas de Domingo”, na composición e producción da música incidental para obra teatral “Pyka” do Colectivo CinemaSticado e na composición e deseño musical da multi-premiada curtametraxe de Diego R. Aballe “Canibalismo”. En 2021 ven de publicar co selo IBS unha escolma de sonatas do barroco italiano xunto ao violinista Roberto Alonso.
Dende o ano 2014 codirixe e produce o podcast de musicoloxía e divulgación musical “Anónimo IV” xunto á investigadora Erea Carbajales. É cofundador do proxecto “Bórea”, unha iniciativa con base en Suiza que busca explorar as relacións entre a música de cámara e as novas tecnoloxías dixitais.
Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?