Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Iria Folgado e Vicent Alberola

Iria Folgado (oboe)
Vicent Alberola (director)
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Auditorio Municipal Venres, 26 de Maio de 2023, ás 20:00h

Entradas

Programa
NOTAS O PROGRAMA

Presentamos o programa que constituirá o peche da nosa tempada 2022/23, un programa sinfónico composto pola estrea absoluta de «Quaderno di state» do compositor vigués Juan Eiras, o concerto para oboe de Richard Strauss e a 9ª sinfonía de Shostakovich.

Para este programa contaremos con Iria Folgado como solista e a dirección musical de Vicent Alberola

 

Programa maio 2023

Juan EIRAS (Vigo 1977)

«Quaderno di state» (Estrea absoluta)

Richard STRAUSS (Munich 1864 – Garmisch Partenkirchen 1949)

Concerto para oboe Op. 144, TrV 292

  1. Allegro moderato
  2. Andante
  3. Vivace – Allegro

Dmitri SHOSTAKOVICH (San Petersburgo 1906 – Moscú 1975)

Sinfonía nº 9 en si bemol maior, Op. 70

  1. Allegro
  2. Moderato
  3. Presto
  4. Largo
  5. Allegretto

 

Esperamos que o disfruten, nos seguimos traballando para ofrecer unha nova temporada chea de música de calidade.

Muitas grazas!!

  • Iria Folgado

    Oboe

    Iria iniciou os seus estudos musicais á idade de 9 anos no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño e cursou dous anos Especialización Instrumental en Escola de Altos Estudos de Santiago de Compostela con Christina Dominik. Ao mesmo tempo foi alumna regular de Casey Hill, oboe solista da Orquestra Sinfónica de Galicia.

    En 2014 comezou os seus estudos de licenciatura en Hochschule für Musik Hanns Eisler co profesor Dominik Wollembewer, polos que foi bolseira a base de concurso pola Deputación provincial da Coruña en 2014 e 2017, a Fundación Alexander von Humboldt en 2015 e a Bolsa de Excelencia Musical do Consorcio da Promoción da Música da Coruña” en 2015 e 2018.

    Participou en festivais orquestrais e de música de cámara como a Gustav Mahler Jungendorchester, Zermatt Festival, Moritzburg Festival, Gustav Mahler Academy, Encontro de Música e Academia de Santander, Clasclas International Festival, Krzyzowa Festival e Pacific Music Festival en Sapporo e Tokio.

    Na sua faceta como músico de orquestra traballou coa Berliner Philharmoniker, Konzerthaus Orchester Berlin, Hr- Sinfonieorchester, Rundfunk Sinfonieorchester Berlin, Staatsoper Hannover, NDR-Hannover, Stavanger Symfoniorkester, Philharmonia Orchestra-London, Orquestra Sinfónica de Galicia , Spira Mirabilis, entre outras.

    Foi academista da Karajan Akademie da Orquestra Filarmónica de Berlín, que deu paso ao seu posto actual de Corno Inglés solista na Konzerthaus Orchester Berlin.

    Aparte do seu traballo na orquestra berlinesa, actualmente cursa Konzertexam en Hochschule für Musik Hanns Eisler con Viola Wilmsen e Dominik Wollenweber.

  • Vicente Alberola

    Director

    Vicent Alberola é Director Artistico de MMCV, Profesor na Universidade «Alfonso X el sabio»

    e na ESMAR Valencia, ademáis de Clarinete principal de Mahler Chamber Orchestra, solista de «Dissonances» e «Utopia orchestra» ademáis da sua faceta como director de orquestra.

    Durante a última década foi clarinete principal invitado coa Royal Concertgebouw Orchestra, New York Philharmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Orchestre Les Dissonances MMCK Tokyo e baixo a batuta de Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Muti, Daniele Gatti. , Daniel Harding, Andris Nelsons, Gustavo Dudamel e Alan Gilbert Nicola Luisotti, entre outros. Dirixindo asimesmo a Mahler Chamber Orchestra en varias ocasións no festival de Beijing e no Festival de Hamburgo.

    En 2003 foi nomeado director da Xove Orquestra da Ópera de Madrid e en 2007 director da Xove Orquestra de Soria. Foi director titular da Orquestra Vigo 430 entre os anos 2016 e 1018. Dirixiu ademáis a Filharmónica de Oviedo, a Orquestra de Castela e León, a Sinfónica de Madrid, a Real Filharmónia de Galicia, a Orquestra do Valles, a Sinfónica de Valencia, a Joven Orquesta Nacional de España, a Orquesta Joven de Canarias e a da Sinfónica de Galicia, sendo recentemente convidado ao Nacional Colombiano e ao MMCJ Tokyo.

    No ámbito da música de cámara, é habitual no Festival de Beethoven, o Festival de Alella, ou o Conservatorio Rachmaninoff de París.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?