Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

I Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo

I Festival internacional de música de cámara de Vigo

SINERXIAS 430

Nace en Vigo o festival SINERXIAS 430, unha nova aposta pola música de cámara internacional
Seis concertos temáticos, artistas de proxección internacional, novos talentos galegos e actividades paralelas dan forma á primeira edición de SINERXIAS 430 – I Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo

Vigo, xullo de 2025 – A cidade de Vigo converterase este outono nun epicentro da música de cámara coa chegada de SINERXIAS 430 – I Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo, unha nova iniciativa impulsada pola Orquestra Vigo 430 que nace coa vontade de consolidar un espazo propio e estable para este repertorio na cidade.

O festival desenvolverase entre o 20 de setembro e o 9 de novembro de 2025, cun total de seis concertos temáticos protagonizados por intérpretes de prestixio internacional, músicos do Ensemble Vigo 430 e novos artistas galegos en proxección, conformando unha programación de alta calidade artística e gran riqueza expresiva.

A dirección artística corre a cargo de Javier Escobar, quen define o festival como “un lugar de encontro con vocación inclusiva entre intérpretes, obras e público que busca tender pontes entre tradición e vangarda, entre a proximidade e a excelencia, entre o coñecido e o que está por descubrir”. A través de programas que abarcan desde o Barroco ata a creación contemporánea, SINERXIAS 430 aposta pola creación de formacións ad hoc, xerando novas combinacións artísticas e diálogos sonoros únicos entre os músicos participantes.

Entre os nomes destacados desta edición figuran violinistas como Claire Wells, Clémence de Forceville ou Mira Foron; os violonchelistas Yibai Chen ou Li La, as violistas Luz Elisabeth Sánchez e Carla Guillén ou os pianistas Anthony Sintow-Behrens, Santi Meijide e Sergio Gómez. Todos eles xunto aos intérpretes locais que conforman o Ensemble Vigo 430 nas súas diferentes configuracións instrumentais.

Libreto Festival
I Festival internacional de música de cámara de Vigo SINERXIAS 430
F1: 20 de setembro: “MONÓLOGOS E DIÁLOGOS” Entrada de Balde ata completar aforo Sábado, 20 de Setembro de 2025, ás 21:00h
Concatedral Sta. María – Colexiata
F2: 21 de setembro: “ENTRE A BRUMA E O LUME” Domingo, 21 de Setembro de 2025, ás 12:00h
Auditorio Martín Códax
F3: 18 outubro: “RESOANCIAS ÍNTIMAS” Entrada de balde ata completar aforo Sábado, 18 de Outubro de 2025, ás 20:30h
Concatedral Sta. María – Colexiata
F4: 7 de novembro: “CAMIÑOS CRUZADOS” Venres, 7 de Novembro de 2025, ás 20:00h
Auditorio Teatro Afundación
F5: 8 de novembro: ” MURMURIOS E CORRENTES” Sábado, 8 de Novembro de 2025, ás 12:00h
Auditorio Martin Codax
F6: 9 de novembro: ” FORTALEZAS DO ESPÍRITU “
Domingo, 9 de Novembro de 2025, ás 19:00h
Auditorio Martín Códax
Todos os concertos

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?