Orixes de Decembro
Orquestra Sinfónica Vigo 430Isabel Rubio: Directora
Conrado Moya: Marimba
Beatriz Riobó: soprano Auditorio Martín Códax Venres, 15 de Decembro de 2023, ás 20:00h Programa
Programa:
– J. Durán: Cangas de Mar_n Códax
– J. Rodrigo: Concerto heróico
– A. Dvórak: Sinfonía nº 9 «do novo mundo»
Pograma de Man PDF
Notas ao programa.
- Tempada
- Orixes de Outubro · 14 de Outubro de 2023
- Orixes de Novembro · 04 de Novembro de 2023
- Orixes de Decembro · 15 de Decembro de 2023
- Orixes de Xaneiro · 27 de Xaneiro de 2024
- Orixes de Febreiro · 24 de Febreiro de 2024
- Orixes de Marzo · 22 de Marzo de 2024
- Orixes de Abril · 20 de Abril de 2024
- Orixes de Maio – Xuño · 02 de Xuño de 2024
- Orixes – Ciclo Outono: 26 Outubro · 26 de Outubro de 2024
- Orixes – Ciclo Outono: 27 Outubro · 27 de Outubro de 2024
-
Conrado Moya
O solista de marimba Conrado Moya é na actualidade unha das figuras máis representativas do seu instrumento a nivel internacional, sendo aclamado polas súas extraordinarias capacidades técnicas e expresivas, e a súa entrega no escenario.
Conrado Moya desenvolve unha intensa actividade como solista de marimba por todo o mundo: realiza recitais, interpreta xunto ás principais orquestras, coros e bandas sinfónicas, e actúa en festivais internacionais como o PASIC de Indianápolis ―considerada a convención de percusión máis importante do mundo―, o Festival Internacional de Marimba de Guatemala, o Festival Internacional de Marimbistas de Chiapas ou o Festival Internacional de Música MercedesBenz de Shanghái, entre outros.
No ámbito da música de cámara, foi parte integrante de dúos, ensambles e agrupacións como Li Biao Percussion Group ou Marimba Quartett. Toda esta actividade lévalle a tocar nas principais salas de concerto de Europa, Asia e América, como o Liederhalle de Stuttgart, o Teatro Colón de Buenos Aires, o Teatro Julio Mario Santo Domingo de Bogotá, a Sala São Paulo, o Centro de Arte Oriental de Shanghái ou o Centro Nacional das Artes Escénicas de Beijing, entre outros. Entre os seus recentes e próximos proxectos destaca a estrea mundial do Concerto para piano e orquestra de Joaquín Rodrigo na súa versión para marimba -transcrito polo propio Conrado Moya e autorizado en exclusiva ao artista polos herdeiros do compositor-, xunto á Orquestra Filarmónica de Gran Canaria e o director Guillermo García Calvo, e posteriores interpretacións no Festival de Música Española de Cádiz, xunto á Orquestra Ciudad de Almería e Michael Thomas. Destaca tamén a estrea en Europa de ‘Everlasting Light’, réquiem para coro emarimba de Christos Hatzis, xunto á Coral de Bilbao, no Museo Guggenheim de Bilbao e o Reina Sofía de Madrid; a estrea mundial de ‘Tres Quadres per a Marimba’ de Albert Guinovart, xunto á Banda Municipal de Barcelona, no marco do Festival Emergents de L’ Auditori; xiras por Alemaña e España xunto a Katarzyna Myć ka cun dos proxectos máis esixentes para dúo de marimbas, as Variacións Goldberg de J. S. Bach; ademais de diversos recitais como solista e clases maxistrais en España, Alemaña, Suíza, Colombia ou México.
Formado no conservatorio da súa cidade natal, Alacante, recibe ao mesmo tempo os consellos dos solistas Sisco Aparici ( València) e Katarzyna Myćka ( Stuttgart). Para cando terminou os seus estudos na Hochschule für Musik “ Hanns Eisler” de Berlín, baixo a tutela do solista de percusión Li Biao, Conrado Moya xa fora recoñecido con galardóns como o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Marimba “ConUCOpercusión”, o Premio Honorífico do Concurso de Interpretación Sociedade de Concertos de Alacante ou a Bolsa de Interpretación Musical da Asociación Pro-Música Amadeo L. Sala, destacando pola súa calidade como músico, así como polo seu traballo e compromiso para o futuro do seu instrumento.
Conrado Moya mantén un firme compromiso pola difusión e o desenvolvemento da marimba. É por iso que realiza frecuentemente colaboracións con artistas de diversas disciplinas, así como tamén con compositores recoñecidos e novas promesas da composición para marimba. Froito de todo iso nace «Silentium», o seu primeiro álbum de marimba solista. Igualmente, Conrado Moya realiza unha ampla laboura pedagóxica sendo convidado con regularidade a participar como docente en academias e clases maxistrais en España, Alemaña, Luxemburgo, Colombia, Canadá, EE.UU. e Xapón entre outros; así como xurado en concursos internacionais. Na actualidade é profesor de marimba no Centro Superior Progreso Musical (Madrid), Madrid Okho e Percusons (Valencia).
Conrado Moya é artista representante da firma de marimbas estadounidense Marimba one®, con quen desenvolveu ademais a súa propia liña de baquetas.
Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?