Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Orixes de Outubro

Pablo Suarez & Ensemble Vigo 430

Ensemble Vigo 430:
CECILIA CASTRO: oboe
MARIO PÉRIS: violín II
JAVIER ESCOBAR: viola
KATARINA LESKOVAR: violonchelo

Basílica de Santa María de Vigo (Colexiata) Sábado, 14 de Outubro de 2023, ás 20:00h

Entradas

Programa

O repertorio do concerto:

Boccherini: Cuarteto op. 6 nº 1

  1. Allegro vivace
  2. Adagio
  3. Minuetto en rondó

 

Mozart: Cuarteto con oboe Kv 370

  1. Allegro
  2. Adagio
  3. Rondó allegro

 

Haydn: Cuarteto op. 77 nº 1

  1. Allegro moderato
  2. Adagio
  3. Menuetto – Trío
  4. Finale. Presto
Pograma de Man PDF

 

Notas ao programa.

A música de cámara

Dende que a música instrumental adquiriu a relevancia social e cultural que, en períodos antigos, lle estaba vedada, a favor da vogal, unha división entre música sinfónica e música de cámara pareceu imporse, á hora de catalogar ou mesmo etiquetar aquelas interpretacións que non eran a solo.

A música de cámara, respectando o significado antigo da expresión música cubicularis, era aquela pensada para ser interpretada en recintos pechados, e sempre por un grupo reducido de músicos.

Outras formacións, como as serenatas, fanfarrias, sinfonías, etc, eran pensadas para ser tocadas ou ben ó aire libre, ou ben en recintos pechados pero a cargo dun grupo instrumental moito maior, no que o vento metal se ocupaba de garantir un volume sonoro moito máis potente.

 

 

O cuarteto de corda como formación predilecta na música de cámara

Esta forma musical comezou a ser empregada despois da primeira metade do século XVIII. Sammartini xa ten obras escritas para dous violíns, viola e violonchelo. No século XVIII o termo aínda non está fixado. Dende 1761 Boccherini (autor de 91 cuartetos) no seu rexistro, indica catro sonatas para designar o seu opus 2. Porén, o título da edición de París de 1767 é quartetti.

Pero o mérito é de Haydn, xeralmente considerado o pai do cuarteto de corda, que desenvolveu esta forma, baseada no equilibrio de catro voces independentes, de igual importancia, pero estreitamente relacionadas entre si, e dálles os seus credenciais, así coma un repertorio importante (68 cuartetos). Os primeiros traballos de Joseph Haydn para cuarteto de cordas constaban de cinco movementos, semellándose ao divertimento (nome que levaron nalgunhas edicións) ou serenata, pero os cuartetos del Opus 9 de 1769-1770 están compostos na forma que sería o estándar tanto para Haydn coma para outros compositores: catro movementos, un rápido, un lento, un minueto e trío e un final rápido. Outros autores recoñecen coma pai dos cuartetos de corda a Luigi Boccherini debido, entroutras razóns, á admiración que Haydn sentía por el, tal e coma reflicten as epístolas dirixidas por Haydn a Boccherini.

Un contemporáneo de Haydn, Mozart (autor de 23 cuartetos) admirou moito os seus cuartetos e compúxoos tamén. A produción de Mozart consiste esencialmente en catro ciclos de cuartetos onde iguala ó seu maior nos dous últimos. Os cuartetos do terceiro ciclo están adicados a Haydn. Algúns coma “O cuarteto das disonancias” en do maior, famoso pola fricción harmónica dos primeiros compases, ou “A caza” en si bemol maior, ou “Primavera” en sol maior. Os últimos tres están adicados ao Rei de Prusia, de aí o seu alcume “prusiáns”: o chelo desempeña un papel principal. Mozart, co seu sentido innato da polifonía, foi quen de cantar tódolos instrumentos do cuarteto. Porén, o divertimento para o trío de corda e os seis quintetos de corda – dous altos – sen dúbida constitúen cumios incluso máis notables da súa produción.

Dende Joseph Haydn, Mozart e Boccherini, o cuarteto convértese no xénero máis popular do repertorio de música de cámara. A súa estrutura fixarase nun modelo case inmutable en catro movementos, que seguirá a ser unha referencia, malia que fose cuestionado en varias ocasións (Op. 131 de Beethoven). Cada un dos catro movementos está suxeito a un tempo determinado e a unha forma musical particular:
• 1.eiro movemento: tempo allegro cunha forma sonata.
• 2.º movemento: tempo adagio, cunha forma de canción (lied), unha forma de sonata o unha forma de tema e variacións.
• 3.eiro movemento: tempo allegretto, en compás ternario, con forma de minueto e trío. Aínda despois se usou a forma scherzo de Beethoven.
• 4° movemento: tempo presto con rondó, rondo-sonata ou unha variedade de rondó.

O contrapunto de catro partes permite escoitar tódalas harmonías sen dobrar de xeito superfluo para obter o equilibrio das voces e unha gran homoxeneidade de timbre.

 

 

 

 

Luigi Boccherini

 

Ridolfo Luigi Boccherini (Luca, Toscana, 19 de febreiro de 1743-Madrid, 28 de maio de 1805) foi un compositor e violonchelista italiano afincado dende os veinticinco anos en España, onde desenvolveu a meirande parte da súa carreira coma compositor. Esteticamente pertence ao estilo galante.

Na actualidade sábese que Luigi Boccherini deu un pulo importante á música de cámara, deixando, entroutras obras:
• 124 quintetos de corda
• 90 cuartetos de corda
• 48 tríos
• Máis de 21 sonatas para violoncelo e baixo continuo
• 28 sinfonías
• 12 concertos para chelo e orquesta, dos cales merece especial atención o op. 34 en si bemol maior, sen dúbida o máis coñecido e interpretado

 

 

 

Franz Joseph Haydn

Franz Joseph Haydn (Rohrau, preto de Viena; 31 de marzo de 1732 – Viena; 31 de maio de 1809), coñecido coma Joseph Haydn, foi un compositor austriaco. É un dos máximos representantes do periodo Clásico, ademais de ser coñecido coma o «pai da sinfonía» e o «pai do cuarteto de corda» grazas ás súas importantes contribucións a ámbolos dous xéneros. Tamén contribuiu ao desenvolvemento instrumental do trío con piano e á evolución da forma sonata.

Viviu toda a súa vida en Austria e desenvolveu gran parte da súa carreira coma músico de corte para a rica e aristocrática familia Esterházy de Hungría. Illado doutros compositores e tendencias musicais, ata o derradeiro tramo da súa vida, estivo, segundo dixo: «forzado a ser orixinal». Na época da súa morte, era un dos compositores máis célebres de toda Europa.

 

Wolfgang Amadeus Mozart

Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozarta (Salzburgo, 27 de xaneiro de 1756-Viena, 5 de decembro de 1791), máis coñecido coma Wolfgang Amadeus Mozart, foi un compositor, pianista, director de orquestra e mestre do antigo Arzobispado de Salzburgo (anteriormente parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, actualmente parte de Austria), mestre do Clasicismo, considerado coma un dos músicos máis influintes e sobranceiros da historia.

A obra mozartiana abrangue tódolos xéneros musicais da súa época e inclúe máis de seiscentas creacións, na súa meirande parte recoñecidas coma obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para fortepiano, operística e coral, logrando unha popularidade e difusión internacionais.

O Cuarteto para óboe e cordas en fa maior, K. 370, é unha obra composta por Wolfgang Amadeus Mozart a principios de 1781. O cuarteto está orquestrado para óboe, violín, viola y violonchelo. En 1780, Mozart recibiu unh convite para asistir a Múnich para visitar ao Elector Karl Theodor, que lle encargara a ópera Idomeneo para unha celebración de entroido. Mentres estaba en Múnich, Mozart reanudou a súa amizade con Friedrich Ramm, un virtuoso oboísta da orquestra de Múnich. Mozart compuxo este cuarteto para el.
A amizade entre Haydn e Mozart

Haydn era xa un compositor famoso cando Mozart era un rapaz. O seus seis Cuartetos de corda, Op. 20 (1772), coñecidos coma os “Cuartetos do Sol”, circulaban ampliamente e é posible que, coma afirma Charles Rosen,1 inspirasen os Cuartetos vieneses que Mozart escribiu aos dezasete anos de idade durante unha visita a Viena en 1773.

Ámbolos dous compositores non tiveron probablemente oportunidade de se coñecer ata despois de que Mozart se trasladase permanentemente a Viena en 1781. Haydn foi requerido para residir durante a meirande parte do tempo no remoto palacio de Eszterháza en Hungría, onde prefería vivir o seu mecenas, o príncipe Nikolaus Esterházy. Durante os meses de inverno, o príncipe trasladábase ao Schloss Esterházy, antigo palacio da súa familia en Eisenstadt, levándose a Haydn consigo. Nestes periodos, é posible que Haydn fixese breves visitas a Viena, ubicada a unos 40 km de alí.

O repertorio do concerto de hoxe
Boccherini: Cuarteto op. 6 nº 1
1. Allegro vivace
2. Adagio
3. Minuetto en rondó

Mozart: Cuarteto con oboe Kv 370
1. Allegro
2. Adagio
3. Rondó allegro

Haydn: Cuarteto op. 77 nº 1
1. Allegro moderato
2. Adagio
3. Menuetto – Trío
4. Finale. Presto

 

Os músicos:

PABLO SUÁREZ  (violín)

Ensemble Vigo 430:

CECILIA CASTRO: Oboísta

MARIO PÉRIS: violín II

JAVIER ESCOBAR: viola

KATARINA LESKOVAR: violonchelo

 

 

 

 

Notas ao programa de:

David Rodríguez Rivada

  • Pablo Suárez

    Violín

    Pablo Suárez nace en Madrid y estudia con Nicolás Chumachenco en la Hochschule für Musik de Freiburg, con Salvatore Accardo en la Accademia Walter Stauffer de Cremona y con Agustín Dumay en Bruselas. Han tenido también una gran influencia en su formación: Gonçal Comellas, Víctor Martín, J. Ellermann, Franco Gulli e Igor Ozim.

    Ha sido concertino invitado en Orchestre Philarmonique de Marseille, Orquesta Ciudad de Granada, Orchestre National Bordeaux Aquitaine, Orquesta de Cámara Reina Sofía, Helsinki Philharmonic Orchestra, Royal Danish Orchestra, Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Trondheim Symphony Orchestra, Island Symphony Orchestra, Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Tenerife y Orquesta de Córdoba, entre otras.

    Colabora con los artistas y directores Maurizio Pollini, Bruno Giuranna, Jean Jacques-Kantorow, Lawrence Foster, Christophe Rousset, Lucas Macías, Rossen Milanov, entre otros.

    Ha ofrecido numerosos conciertos y recitales en Europa, realizando grabaciones para Radio France, RAI Italia y Radio Televisión Española. Cabe destacar su grabación de la integral de las sonatas para violín solo de E. Ysaÿe, para el sello Solé Recordings, obteniendo el Melómano de Oro; así como el album “Vivaldi Senza Fine” con las Cuatro Estaciones de Vivaldi junto al Ensemble Praeteritum.

    Son reseñables sus actuaciones como solista interpretando las Cuatro Estaciones de Vivaldi junto a La Tempestad y la actriz Núria Espert en el Festival Internacional “Canarias Artes Escénicas” y en el “Otoño Musical Soriano”.

    Durante los años 2013 y 2020, fue profesor de violín en el Conservatorio Superior de Música de Aragón.

    Recientemente, Pablo Suárez ha sido invitado como profesor de violines primeros de la JONDE (Joven Orquesta Nacional de España), de la Orquesta Joven de la Región de Murcia, Joven Orquesta Leonesa y Joven Orquesta de Soria. Ha impartido cursos y clases magistrales en el Conservatorio Superior de Música de Badajoz, el Conservatorio Superior de Castilla la Mancha o los Conservatorios Profesionales de Amaniel (Madrid) y Murcia, entre otros.

    Durante la pasada temporada 2021-2022, colabora como concertino invitado en la Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Tenerife y Orquesta de Córdoba.

    En la actualidad, es director artístico del Ensemble Praeteritum y primer violín del grupo de música antigua La Tempestad. Compagina esta actividad con recitales, grabaciones, conciertos como solista, música de cámara y clases magistrales.

    Pablo Suárez toca un violín Nicola Gagliano, Nápoles 1780.

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?